Deputación de Lugo

Iniciados os traballos de asfaltado da estrada provincial do Burgo a Palas de Rei

A pavimentación afecta a un treito de 1,7 quilómetros e quedará rematada o vindeiro luns

A Deputación iniciou hoxe os traballos de asfaltado da estrada provincial C.P da LU-232 por Burgo a Palas de Rei, dentro do proxecto de ampliación e mellora deste vial, desde o punto quilométrico 1,600 ó 3,300. Trátase dunha obra que pertence ó POS 2005 e que se retrasou debido a que foi mal planificada polo anterior goberno da Deputación. Malia que se perdeu a subvención, o organismo provincial decidiu executala con fondos propios. Os traballos de asfaltado teñen un orzamento de 165.479 euros e rematarán o vindeiro luns, para logo proceder á sinalización vertical e horizonal e colocación de biondas. A estrada quedará perfectamente acondicionada no mes de marzo. O mal tempo de meses pasados impediu iniciar os traballos de pavimentación que inclúen a aplicación de aglomerado en quente para garantir a súa durabilidade. Obra mal planificada Esta obra retrasouse e ten sobrecostes porque en 2005 foi mal planificada. O 22 de xullo deste ano aprobouse o proxecto sen que incluíse o plano parcelario nin a relación de bens necesarios para a execución. No mes de setembro dese mesmo ano adxudicouse por 139.000 euros e un prazo de execucion de 2 meses. O contrato formalizouse en novembro. En xuño de 2006 aprobouse o inicio do expedente de expropiación forzosa e, un ano máis tarde, en marzo de 2007 constatouse que non se formalizou a acta de replanteo nin se iniciaran as obras porque o anterior equipo de goberno non remitiu a acta de ocupación dos terreos. En xuño de 2008 aprobáronse as cantidades fixadas polo Xurado de Expropicación de Galicia. O vindeiro luns quedarán concluídos os traballos de asfaltado.