Deputación de Lugo

A XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBOU O PAGAMENTO DE VARIAS AXUDAS CORRESPONDETES AO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES VECIÑAIS DO ANO 2007

O vicepresidente primeiro Antón Bao aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores do Festival de Pardiñas e aos veciños de Castelo (Taboada)

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, da aprobación das contas xustificativas de un total de 8 axudas a entidades veciñais para a realización de actividades culturais. Estas axudas suman un total de 8.577,53 euros e corresponden ao Plan de Cooperación con Entidades Veciñais do Ano de 2007. Estas axudas corresponden a entidades veciñais dos concellos de Lugo, Sarria, Viveiro, Pobra de Brollón, Mondoñedo, Xermade e Vilalba. FELICITACIÓN AOS ORGNIZADORES DE PARDIÑAS E DAS FACHAS DE TABOADA O vicepresidente primeiro Antón Bao aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores do Festival de Pardiñas e aos veciños de Castelo (Taboada), organizadores da festa das Fachas, pola recente declaración de ámbalas dúas festas como festas de interese turístico. Antón Bao sinalou que “estes eventos que recibiron o a declaración de festas de interese turístico coinciden cos obxectivos que a Área de Cultura da Deputación se fixou para a recuperación do patrimonio inmaterial”. Antón Bao destacou o traballo dos veciños e veciñas que son os que realmente manteñen vivas estas festas co seu esforzo e traballo altruista, ao mesmo tempo, o vicepresidente primeiro manifestou a vontade de colaborar, dende a Área de Cultura e dende a vicepresidencia primeira por apoiar a celebración e recuperación de todas aquelas manifestacións que conserven parte do alicerce cultural galego e que son mostra da nosas raíces e do noso sinal identitario. Estas dúas festas recibiron a declaración como festas de interese turístico, por parte do Consello de Xunta, a pasada semana. A declaración de festa de interese turístico implica a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, así como a súa inclusión no Plan Galego de Promoción do Turismo. Tamén será valorada esta distinción pola Xunta de Galiza á hora de optar a axudas e subvencións para actos festivos e lúdicos. Os tramites e as xestións, para que ámbalas dúas festas obtiveran o recoñecemnto oficial, foron realizados dende a Consellería de Innovación e Industria que é a responsable do departamento de turismo do Goberno Galego.