Deputación de Lugo

Lara Méndez celebra o San Froilán con numerosos lugueses residentes no barrio barcelonés de Nou Barris

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participou nos festexos que concluirán o domingo cunha misa e procesión na honra a San Froilán

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, desprazouse este sábado ata Barcelona para celebrar o San Froilán de Nou Barris -o popular barrio barcelonés donde residen miles de galegos- con numerosos lugueses que cada ano se congregan na Praza Maior do distrito. Lara Méndez compartiu así con miles de galegos estes festexos que deron comezo ás nove e media da noite. A Vicepresidenta Segunda e responsable do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) aproveitou a ocasión para saudar a ducias de veciños de Lugo. Na súa intervención, Méndez destacou o traballo levado a cabo pola Asociación de Amigos de San Froilán para manter viva esta Festa que xa se leva celebrando no distrito barcelonés desde hai catorce anos. Asimesmo, a Vicepresidenta Segunda agradeceu ós miles de lugueses e galegos residentes en Cataluña o apoio que lle están brindando a Lugo coa celebración do San Froilán. Para rematar os actos, Lara Méndez fíxolles entrega de varios agasallos institucionais elaborados polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación. No acto tamén participaron o Alcalde de Barcelona, Jordi Ardeu, e a rexedora de Nou Barris, Carmen Andrés. INTERVENCIÓN LARA MÉNDEZ: Bona Nit, Buenas noches, Boas noites!!! É un pracer para min compartir con todos vós, por segundo ano consecutivo, a festa do noso patrón: o San Froilán. Pero, antes de continuar, permitídeme que vos desexe, en primeiro lugar, “boas festas” de parte do Presidente da Deputación que, nesta ocasión, non puido desprazarse ata Barcelona para compartir estes momentos de ledicia. Sen dúbida, o feito de que o distrito de Nou Barris viva con tanta devoción o San Froilán permite que os lugueses e os cataláns renovemos cada ano os lazos de amizade e de unión. Neste senso, quero agradecer á comunidade galega afincada en Cataluña todo traballo levado a cabo desde fai máis dunha década para que estas Festas se celebren ano tras ano, conseguindo que sexan, despois da Merced, as máis importantes da cidade. Para min é unha satisfacción ver e sentir o fervor co que celebrades estes festexos. Senón fora polos quilómetros que nos separan… mesmo diría que estou en Lugo!!!. Noraboa polo voso traballo e por conseguir que o espíritu de San Froilán chegue tamén ata Barcelona!! Estou convencida de que este día non sería posible sen a colaboración e cooperación dos membros da Asociación de Amigos do San Froilán. Cada mes de outubro recuperades á perfección o estilo destas Festas que xa están catalogadas como as patronais máis importantes de Galicia. Na Deputación de Lugo énchenos de orgullo saber que tamén son un referente fóra da nosa Comunidade. Pero o que me fai sentir máis leda é comprobar que o San Froilán non só é a festa dos lugueses e luguesas que nalgún momento tiveron que abandonar Lugo na procura dun futuro mellor en Cataluña, senón tamén de todos os galegos e galegas que por distintas causas tivéstedes que deixar a vosa terra e, con ela, a moitos seres queridos. Por este motivo, quero darvos as grazas por non esquecernos e por ter tan presente á nosa provincia. Como sabedes, as festas de San Froilán marcan a entrada do outono en Galicia. Desde o 4 ata o 12 de outubro, Lugo vístese coas mellores galas e nas rúas só se respira olor a festa. No voso caso, soubestes recuperar este ambiente chegando a conseguir que os que vimos de fóra nos sintamos na propia casa. Noraboa polo voso traballo e a disfrutar das festas que as tedes ben merecidas.