Deputación de Lugo

A Deputación estuda unha segunda reforma do Servizo Provincial de Recadación para beneficiar ós Concellos

Antonio Gato anunciou que para 2009 se contempla a posibilidade de rebaixar a taxa ó 3% e aumentar ós adiantos ata ó 90%

A institución provincial xestionará a recadación de 3,6 millóns de euros polo IAE de 57 concellos que o luns se pon ó cobro en periodo voluntario O Deputado da Área de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, anunciou este venres que a Deputación estuda unha nova reforma no Servizo Provincial de Recadación con obxectivo de “beneficiar ós Concellos e axudarlles a pasar estes próximos meses nos que poderían ter algunha dificultade económica coa que non contaban”. Segundo avanzou Gato Soengas, contémplase a posibilidade de que para 2009 haxa unha nova rebaixa na taxa na cobranza en periodo voluntario naqueles Concellos que asinaron o convenio despois da reforma acometida. “Xa rebaixamos esta taxa do 6 ó 4% e agora pretendemos que sexa do 3%. Ese 1% convertirase nun novo ingreso nesta época de menos recadación”. A segunda reforma afectaría ós anticipos á conta que se veñen realizando no marco dese convenio que “agora é do 80% recadado ó ano anterior dividio en 12 mensualidades. Estamos estudando aumentalo ó 90%, co cal as Entidades Locais tamén terían maior disponibilidade económica”, dixo Antonio Gato. Estes cambios implican unha reforma das bases aprobadas e “o camiño a seguir é a modificación, mediante iniciativa da Presidencia, nun vindeiro Pleno, para que sexa efectivo no marco dos Presupostos de 2009”. Periodo volutario IAE Antonio Gato tamén anunciou que o vindeiro luns se abre o prazo de ingreso en periodo voluntario do Imposto Sobre Actividades Económicas nos 57 Concellos nos que o Servizo Provincial de Recadación xestiona este tributo. O Padrón do IAE en 2008 destes municipios acada os 6.581.856 euros, dos que a institución provincial xestiona 3.581.856 euros, xa que os outros 3 millóns son ingresados directamente polo Concello de Xove desde a empresa “Aluminio Español”. Con respeco ó Concello mariñán, o responsable provincial lembrou que “as bases que aprobamos recentemente na reforma do Servizo de Recadación contemplan a excepcionalidade en casos como o de Xove, no que cobra dunha soa empresa e que, pasando polo Servizo de Recadación, tería que deixar a taxa correspondente”. O 20 de outubro tamén se abre o prazo para o cobro do Imposto Sobre Vehículos de Tracción Mecánica nos Concellos de Barreiros, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro así como de recollida de llixo no contorno do núcleo urbano de Sarria. No primeiro caso o padrón é de 2008 é de 337.948 euros, e no segundo, de 118.847 euros. Acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno deste venres aprobou as contas xustificativas de 19 obras dos Plans de Cooperación con Comunidades Veciñais dos anos 2006 e 2007. O presuposto dos proxectos suma 187.276 euros, dos que a Deputación achega 126.046. A obras corresponden a comunidades dos Concellos de Alfoz, Baleira, Burela, Castroverde, O Corgo, Chantada, Friol, Guntín, Láncara, Lugo e Pantón. Ademais, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a adxudicación de bolsas de estudos para os empregados públicos da Deputación e do INLUDES correspondentes ós cursos académicos 2006-2007 e 2007-2009. Estas axudas oscilan entre os 86 euros para Educación Primaria e os 661 para Educación Universitaria. A partida orzamentaria contemplada para cada anualidade é de 110.000 euros. Tamén se aprobaron as bases que rexerán as axudas para a gardeiría dos fillos ou orfos dos traballadores provinciais. O límite máximo para cada neno é de 661 euros, e a partida orzamentaria de 14.000 euros. Na xuntanza deste venres acordouse a comparecencia nun recurso contencioso-administrativo presentado por unha empresa relativo á redacación de impostos que xestiona o Servizo Provincial no Concello de Sarria. O demandante, que adebeda 24.615 euros en concepto de varios tributos correspondentes a diversos anos, reclama a compensación da cantidade que, segundo afirma, lle adebeda o municipio sarriano.