Deputación de Lugo

OS XARDÍNS DA DEPUTACIÓN ACOLLERON UN CONCERTO DO GRUPO TREIXADURA ORGANIZADO POLA ÁREA DE CULTURA

Numeroso público acudiu ao Pazo de San Marcos para presenciar o concerto de música tradicional

Os xardíns da Deputación acolleron ao numeroso público disposto a disfrutar da nosa música tradicional co grupo Treixadura. O concerto comenzou, puntualmente, ás 20:30 en el deronse cita diversas autoridades como o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, o Delegado Provincial da Consellería de Medio Rural, Emilio López Pérez, e o Alcalde de Rábade, Francisco Fernández. Este concerto estaba pendente da súa celebración dende que se suspendera, por motivos meteorolóxicos, o pasado 24 de xullo. Neste concerto Treixadura presentaron os temas do seu CD UNHA SEMANIÑA ENTEIRA que é o cuarto traballo discográfico do grupo, continuación dos dous anteriores (UNHA NOITE NO MUÍÑO , UNHA NOITE NON É NADA). Neste traballo discográfico, incidiron no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega reivindicando, unha vez máis, a transmisión de melodías tradicionais e do noso patrimonio cultural. Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: o canto e a gaita , o ORFEÓN TREIXADURA e TREIXADURA GAITEIROS . A música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós, as novas cantigas que TREIXADURA “peneira no seu tremiñado” configuran o repertorio deste traballo. A programación de actuacións que a Área de Cultura programou nos Xardíns da Deputación durante o verán tivo unha gran acollida por parte do público e supuxo a apertura efectiva do pazo de San Marcos á cidadanía de Lugo. Para todos os asistentes a apertura deste espazo supón descubrir un lugar idóneo para a celebración de eventos culturais que ata o de agora permaneceu pechado á cidadanía. O VINDEIRO XOVES PROXECCIÓN DE CINE AO AIRE LIBRE A Área de Cultura da Deputación ten programado para o vindeiro xoves día 25, ás 20:30 horas, a proxección da película galega PRADOLONGO. A proxección desta película tamén fora suspendida no seu día por mor das inclemencias meteorolóxicas. PRADOLONGO propón unha visión naturalista e 100 % galega do contraste entre a Galicia verde fronte ao desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras, como fondo dunha historia de iniciación protagonizada por tres rapaces que chegan á maioría de idade e vense obrigados a reconsiderar os seus soños. O filme, producido por Vía Láctea Filmes, achégase así máis intensamente ao público galego, logo do grande éxito acadado pola película nas salas de cine nas que foi exhibido. Esta producción conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, e a colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e Turgalicia.