Deputación de Lugo

O Castro de Viladonga, a Torre de Doncos o e Balneario de Guitiriz, rutas de Km0 desta semana

O Presidente da Deputación recibe no Salón de Plenos a un grupo da “Asociación Conoce” de Lugo

Mozos de Monterroso visitarán mañá a produtora da Fundación TIC O Castro de Viladonga, a ruta dos Sete Muíños de Guitiriz e a Torre de Doncos forman parte das rutas organizadas esta semana dentro do programa de visitas institucionais “Km0” que promove a Deputación e nas que participan, entre outros, veciños de Lugo e Monterroso. O Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo da “Asociación Conocer” de Lugo. O titular provincial explicou a finalidade desta iniciativa coa que se pretende dar a coñecer tanto o traballo que realiza a institución como a riqueza patrimonial e paisaxística da provincia. A ruta de hoxe inclúe o Centro de Cestería do CENTRAD, no río Rato. A continuación os participantes desprazaranse ós Lagos de Teixeiro, á capela das Neves, no Concello de Pol, e ó Castro de Viladonga. Mañá o destino será a comarca dos Ancares, en concreto ó Concello das Nogais. A través da Oficina de Información Xuvenil de Monterroso soliciutose unha ruta que inclúe a Torre e o Pazo de Doncos. Ademais, os mozos moterrosinos coñecerán as intalacións da produtora da Fundación TIC, dependente da Deputación. Por último, o xoves 16 de outubro, un grupo formado por solicitantes individuais visitarán o balneario de Guitiriz e farán un percorrido pola ruta dos Sete Muíños. Antes desprazaranse á Granxa Gayoso Castro.