Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN CLAUSUROU HOXE AS XXII XORNADAS PENITENCIARIAS LUCENSES

Esta XXI edición das xornadas estivo adicada a analizar as modificacións do código penitenciario en material de seguridade vial

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, foi o encargado de clausurar as XXII xornadas penitenciarias lucenses. Estas iniciativa posta en marcha pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal que preside a lucense Marina Cillero tivo este ano como eixo fundamental un tema de máximo actualidade como é o relativo aos aspectos da Lei Orgánica 15/2007, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995 do Código Penitenciario en materia de seguridade vial. As xornadas celebráronse no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia ó longo dos días 15, 16, 17 e 18 de outubro. Como é habitual nestas xornadas aobrdáronse temas de un tema de máxima actualidade como é o relacionado coas medidas alternativas á prisión no momento actual. Antón Bao loubou o traballo levado a cabo por esta Asociación para reintegrar na sociedade a aquelas persoas que unha vez cumpriron unha condea saen do cárcere e teñen como reto refacer a súa vida. Bao destacou que a Asociación Concepción Arenal fai un traballo de tremenda importancia “para achegar á sociedade e ás colectivos vencellados ao traballo coa poboación penitenciaría toda a información relacionada cos temas de máxima actualidade tanto no eido lexislativo como no xurídico”. Sobre a temática abordada neste ano o vicepresidente primeiro da Deputación destacou a transcendencia social da problemática derivada do consumo de alcohol e as nefastas consecuencias que está a ter entre a poboación. Bao salientou a necesidade de concienciar aos máis novos na responsabilidade á hora de conxugar o ocio e a condución.