Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIO DA DEPUTACIÓN PARTICIPOU NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN XENTE DE MENTE

Esta exposición estará aberta ata o 20 de outubro no Centro de Maiores da Obra Social Caixa Galicia

Esta mañá inaugurouse, no Centro de Maiores da Obra Social Caixa Galicia, a exposición Xente De Mente. Na inauguración participou o Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao, que sinalou a importancia desta mostra para “dar a coñecer á sociedade a problemática que comporta a enfermidade do Alzheimer e as consecuencias que ten nos enfermos que padecen a patoloxía e o seu entorno máis directo”. A exposición Xente De Mente chega a Lugo da man da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) co ánimo de sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre as circunstancias que rodean ao enfermo do Alzheimer e aos seus familiares. A exposición naceu, fai aproximadamente un ano, no seo da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña (AFACO) co obxectivo de achegar, dun xeito lúdico e interactivo, o que supón esta enfermidade para enfermos e coidadores ao maior número de persoas.