Deputación de Lugo

A Deputación solicita á Xunta de Galicia que nomee ós seus representantes no Padrodado da Fundación Tor

Antonio Gato responsabiliza ó anterior goberno do PP de permitir as supostas irregularidades cometidas polo “Padrodado en rebeldía”

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva do orzamento para 2009 e o cadro de persoal do Consorcio de Bombeiros O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, anunciou este venres, trala Xunta de Goberno, que a Deputación solicitou á Xunta de Galicia que nomee ós seus representantes do Padroado da Fundación Tor constituído a semana pasada, co obxectivo de convocar unha reunión canto antes. Ademais, lembrou que o Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, pediu unha entrevista urxente con Núñez Feijoo para abordar, entre outras cuestións, a situción de Tor. Antonio Gato acusou ó anterior goberno do Partido Popular, que foi o que creou esta Fundación, de permtir as supostas irregularidades. Dixo que existen informes técnicos rigurosos sobre a situación que había no Padroado declarado en rebeldía e rexeitou as acusacións do seu secretario afirmando que foron os técnicos os que levaron os animais que apareceron alí mortos. Non imos permitir que se poña en dúbida a honorabilidade dos funcionarios e que acusen de mentirosos ós Deputados que estiveron alí e incluso ós respresentantes dos medios de comunicación que comprobaron in situ o estado lamentable no que se atopa a finca. A Deputación ten a obriga de velar por salvagardar o patrimonio público, e non se pode permitir que intereses privados gobernen recursos públicos sen ningún tipo de control por parte das adminsitracións. O voceiro do grupo socialista destacou que nós creamos a semana pasada un Padroado legal, e ó día seguinte xa entramos para comprobar cal é a situación. Ademais, remitimos as notificacións ás administracións correspondentes solicitando a información necesaria e enviamos ó Fiscal e ó Protectorado toda a información da que dipoñemos, incluídos vídeos e fotografías. Consorcio de Bombeiros Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincial publica este venres a aprobación definitiva do orzamento do Consorcio Provincial para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento para 2009, que asecende a 3.113.209 euros, así como o cadro de persoal. Segundo os datos aportados por Antonio Gato Soengas, o Consorcio contará con: 1 técnico en xestión- administrativa, 1 administrativo-contable, 5 auxiliares administrativos, 5 xefes de parque, 15 cabos bombeiros-conductores e 75 bombeiros-conductores. Por tanto, en ano e medio puxemos os mecanismos para resolver unha situación anacrónica que tiña desprotexida a nosa provincia, apuntou Gato Soengas. O voceiro socialista subiñou que contratamos os vehículos, iniciamos a construción de varios parques e aprobamos, xunto coa Xunta, máis de 9 millóns de euros para creación e a posta en marcha do Consorcio. Neste senso, apuntou que, precisamente, na Xunta de Goberno deste venres acordouse a adxudicación provisional da subministración do equipamento para as bombas nodrizas por un importe de 28.405. Outros acordos da Xunta de Goberno O goberno provincial tamén aprobou a resolución do contrato administrativo da obra de accesibilidade nas Casas Consistoriais de Lourenzá e Mondoñedo, e recoñeceu unha indemnización a Norvial de 3.173 euros, que corresponde ó 3% ó prezo de adxudicación. Tamén se deu o visto e prace a 10 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais dos anos 2005 e 2007. O presuposto das obra suman un total de 93.006 euros dos que a Deputación achega 61.942. Os proxectos corresponden á comunidades veciñais de Bóveda, Burela, Cervo, Lugo, Outeiro de Rei, Pantón, Samos, Sober, O Vicedo e Vilalba. Ademais, a Deputacion acordou persoarse en 2 recursos contencioso-administrativos relativos a reclamacións patrimoniais por atropelos de corzos en estradas provinciais. Un dos accidentes tivo lugar en novembro de 2007 en Castro de Rei e reclámase á Deputación unha indeminización de 660 euros. Polo que se refire ó segundo accidente, que aconteceu en abril de 2007 en Ribadeo pídese unha subvencion de 961 euros. Antonio Gato dixo que hai que lembrar que a Deputación aprobou a contratación dun seguro que cubrirá estes accidentes. Neste momento atópase en fase de adxudicación provisional, e levarase a unha próxima Xunta de Goberno para a súa aprobación.