Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo anunciou a colaboración coa Consellería de Política Territorial para elaborar un mapa estratéxico coas prioridades da rede viaria

Creación dun mapa extratéxito da rede viaria

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Bestiero, anunciou, despois da primeira Xunta de Goberno da nova Corporación, que se vai elaborar un mapa estratéxico coas prioridades da rede viaria “no que se estableza un calendario das actuacións que deben acometerse e determinar cales son as máis urxentes e necesarias”. Gómez Besteiro cualificou de “momento histórico” a constitución esta mañá da Xunta de Goberno formada polos socios do PSOE e o BNG. O máximo responsable da Institución Provincial avanzou que “traballaremos coa Consellería de Política Territorial para coordenar a titularidade de varias infraestruturas provinciais”. “Nas obras tamén iniciaremos esa senda de coordinación que marcará os novos tempos da Deputación”, afirmou. “Trátase de traballar máis, mellor e gastar os cartos dun xeito máis eficiente, aplicando a lóxica e o sentido común”. Neste momento hai vías que teñen uns treitos que dependen da Xunta de Galicia e outros da Deputación, o que supón un problema para o seu mantemento e xestión diaria. O obxectivo é que haxa unha transferencia de titularidade dunha administración a outra segundo cada caso. Outros acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou os proxectos para as obras de mellora e acondicionamento de varias vías da provincia presupostadas nun total de 2.175.00 euros, en concreto, nos concellos de Alfoz, Castro de Rei, Castroverde, Foz e Fonsagrada. Trátase de obras incluidas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2007 (POS). A súa contración é urxente para dar cumprimento ás instruccións que rexen o devandito plan. A obra más destacada é a do ensanche e mellora de 4 kilómetros da estrada que une A Fonsagrada e Navia, cun orzamento de 1,104.320 euros. Por outra banda, o órgano de goberno da Deputación acordou redefinir os proxectos de dúas obras aprobadas anteriormente para os concellos de Becerreá e Triacastela, coa fin de modificalas en beneficio da comunidade. O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, tamén se referiu a outros asuntos abordados na Xunta de Goberno: a concesión de subvencións ó Concello de Chantada para actividades deportivas e á Asociación de Veciños do barrio da Milagrosa de Lugo para a organización das festas 2007. Na reunión da nova Xunta de Goberno, ademais dos técnicos da Deputación, estiveron os 9 cargos políticos que a compoñen: o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; os tres Vicepresidentes: Antón Bao Abelleira, Lara Méndez e María Xosé Vega Buján, e os Deputados Antonio Gato, Melchor Roel, Manuel Martínez, Regina Polín e Miguel Ángel Sotuela. Condea do atentado Na rolda de prensa informativa sobre a Xunta de Goberno, o Presidente condeou o atentado da banda terrorista ETA ocorrido onte: “O Goberno Provincial condea o atentado con coche bomba no cuartel da Garda Civil de Durango no que, afortunadamente, só houbo que lamentar dous feridos leves. Quero expresar a solidariedade do Goberno Provincial, solidarizámonos coas familias e cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, que fan unha tarefa encomiable”.