Deputación de Lugo

Gómez Besteiro defende a necesidade de redefinir modelos de xestión para ser competitivos nos momentos de crise económica

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro participou no X Congreso de UXT Lugo, no que se elexiu ó novo secretario de organización deste Sindicato

O titular provincial destacou que “xogámonos moito na defensa do público e non estamos dispostos a dar volta atrás” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este venres na inauguración do X Congreso de UXT Lugo. Na súa intervención, Gómez Besteiro destacou o traballo desenvolvido ó longo destes anos por esta organización sindical na defensa dos traballadores. “Dende hai máis dun século denuncia os problemas que afectan ós traballadores, e faino propoñendo solucións a través do diálogo e da unión social”. Acompañado doutras autoridades como o Alcalde de Lugo, José López Oroco, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, o titular provincial subliñou que “as saídas á crise non poden limitarse á austeridade mal entendida e ó recorte dos servizos públicos. Iso ten un nome: pasarlle a factura ós veciños. Para traballar con visión de futuro é obrigatorio reinventar e redefinir modelos de xestión que nos permitan ser máis competitivos”. Neste senso, Gómez Besteiro suliñou que “nestes momentos, se trata de priorizar e de desenvolver iniciativas que vaian encamiñadas a crear emprego e a impulsar a economía provincial. O importante é mellorar os recursos destinados a servizos públicos básicos, incluso nunha situación de grave crise económica como a actual. Xogámonos moito na defensa do público e non estamos dispostos a dar volta atrás. Lugo e Galicia non son Murcia. Estamos orgullosos tamén do noso patrimonio idiomático”. No Congreso tamén participaron o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, Delia Irene Martínez, Secretaria de Organización UXT Galicia, Manuel Chaín Fernández, Secretario de Organización UXT Lugo; José Antonio Quiroga, Director Provincial de Emprego, e Juan Carlos González Santín, Director do INSS en Lugo. Na xuntanza deuse conta do estado das contas desta Organización Sindical e elexiuse ó ó novo Secretario de Organización.