Deputación de Lugo

A Deputación leva ás Comisións Informativas do Pleno o pago da débeda do canon de Chantada 09 e a do resto de Concellos afectados

Imaxe deputación de lugo
A rexeneración de vías rurais, o desenvolvemento das TIC e o aforro enerxético con fontes alternativas, principais actuacións do Plan de Obras 09 de Chantada, que ascende a 1.649.802 euros

O equipo de goberno ultima a memoria dos proxectos de infraestruturas e equipamentos de 2008 e 2009 que lle corresponden ós outros 15 municipios que contan con produción hidroeléctrica, e que suma 4 millóns de euros A través de obra pública, a Deputación reforza a cooperación cos Concellos máis castigados historicamente por esta institución e fomenta o emprego Tal e como anunciara o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na visita realizada en días pasados ó Concello de Chantada, o organismo provincial levará mañá ás Comisións Informativas o Plan de Obras 09 deste municipio e o pago da débeda das anualidades 2008-2009 dos outros 15 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico. Tanto o Plan de Chantada como o de resto de municipios suman 5,7 millóns de euros. Deste xeito, a través de obra pública o organismo provincial reforza a cooperación cos municipios, que foron castigados historicamente por esta institución, e favorece a creación de novos postos de traballo. No caso do municipio chantadino, que aínda ten en execución o de 2008, o Plan de Obras 2009 suma 1.649.802 euros e contempla as seguintes actuacións: rexeneración das vías rurais (861.954 euros), co que o organismo provincial contribúe ó desenvolvemento do municipio; e desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (30.000 euros), iniciativa que entronca coas políticas da Deputación a través da posta en marcha do programa europeo Innova-TE, dotado con 9 millóns de euros, e co que se busca a implantación das TIC na provincia. Ademais, o Plan inclúe outros dous proxectos: o primeiro relacionado co aforro enerxético para as piscinas municipais con fontes alternativas solar e biomasa (155.155 euros) e, o segundo, coa revitalización de espazos públicos sometidos ó convenio coa Consellería de Vivenda (130.000 euros). O Concello de Chantada está recibindo da Deputación preto de 5 millóns de euros en investimentos, distribuídos en tres anualidades, para pagar o canon hidroeléctrico. O equipo de Goberno presidido por Gómez Besteiro, está saldando así unha das principais débedas históricas que arrastraba a institución provincial que se remonta ó ano 1.991. Resto de Concellos Logo de que o Presidente escoitase a veciños, asociacións e Alcaldes, tamén se levará ás Comisións Informativas, previas ó Pleno do vindeiro martes, o pago da débeda de 2008 e 2009 dos outros 15 Concellos que contan con produción hidroeléctrica, e que ascende a 4.065.917 euros. Neste caso, estase ultimando a memoria dos proxectos de infraestruturas e equipamentos que lle corresponden a cada municipio, de tal xeito que a partir de setembro comezará a adxudicación das distintas obras contempladas nas dúas anualidades. Os Concellos que se benefican do reparto son: O Saviñao (419.026 euros), Taboada (358.858 euros), Paradela (265.590 euros), Portomarín (211.647 euros), O Páramo (151.548 euros), Guntín (161.705 euros), Carballedo (387.398 euros), Pantón (232.476 euros), Ribas de Sil (307.459 euros), Quiroga (339.217 euros), Sober (296.880 euros), Monforte de Lemos (155.398 euros), Pobra de Brollón (157.281 euros), e zona norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz): 621.427 euros.