Deputación de Lugo

30.000 persoas visitaron a XI feira de Artesanfroilán

Imaxe deputación de lugo
Os artesáns amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da feira

Unhas 30.000 pasaron pola XI edición da feira de Artesanfroilán que se desenvolveu en Lugo desde o 5 ó 14 de outubro. O artesáns incrementaron as vendas con respecto a edicións anteriores polo que xa amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da feira tendo en conta que moitos xa mostraron o seu interés por participar o vindeiro ano. 20 expositores da provincia e de toda Galicia espuxeron na Praza da Soidade durante 9 días os seus produtos, entre os que predominou fundamentalmente a pratería. O bo tempo, o numeroso público que conseguiron reunir os festexos do San Froilán e a campaña publicitaria realizada foron os factores que propiciaron que os artesáns incrementasen o número de vendas con respecto ás edición anteriores. Segundo datos ofrecidos pola organización, cada día visitaron Artesanfroilán unhas mil persoas, unha cifra que se viu duplicada nas xornadas festivas. Esta edición contou coa presenza de 20 artesáns de toda Galicia que puxeron a venda pezas de xoeiría, téxtil, encaixes e cerámica. Os visitantes tamén tiveron opción de mercar obxectos de pratería, maquetismo, bonecos, talla, serigrafía, marroquinería, olería, e lámpadas de flor. Artesanfroilán 2007 favoreceu o contacto directo entre o artesán e o cliente conseguindo que a promoción da artesanía galega fose maior converténdose nun mecanismo áxil da ccomercialización da artesanía galega e nun punto de partida para unha colaboración eficaz entre o INLUDES e o sector artesanal.