Deputación de Lugo

Vintesete empresas optan á realización do proxecto de rehabilitación do Antigo Cárcere de Lugo

Imaxe deputación de lugo
A actuación englóbase dentro do Plan Urban que permitirá a modernización e rehabilitación do centro histórico da cidade e do seu comercio

A Casa do Concello de Lugo acolleu hoxe a xuntanza para a apertura de plicas presentadas para o proxecto, dirección de obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial englobado dentro do Plan Urban. Nesta primeira xuntanza o xurado comezou coa selección dun máximo de cinco empresas que poderán participar na segunda fase do concurso. Esta comisión comprobou ao longo de todo o día que os candidatos cumpren cos requisitos de capacidade e solvencia sinalados nas bases do concurso. O xurado estivo composto por: -A Concelleira de Economía e Emprego - Un representante do grupo municipal do Partido Popular - Un/a representante do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego - A Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial - A Delegada do Alcalde para a área de Urbanismo. - O Interventor municipal - A xefa de asesoría xurídica - Un/a representante de Caixa Nova - Un/a representante de Caixa Galicia - Un/a arquitecto/a adscrita/o á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia - Un/a arquitecto/a nomeado/a polo Colexio de Arquitectos de Lugo - Un/a arquitecto/a nomeado/a pola Universidade da Coruña - Dous arquitectos municipais - A Directora do Proxecto URBAN (Iniciativa URBANA) Foron un total de 27 as plicas presentadas a este concurso por empresas de recoñecido prestixio nacional: - José Manuel Casabella - Ignacio Mendaro Corsini - Ara Arquitectos - Junquera Arquitectos S.L.P. - Vier Arquitectos S.L. - Clothos-Técnicos Edificación - Santiago Catalán Tobia - JTS Brown Cercos Asociados S.L. - Gecsa Ingeniería y Obras, S.A. - Alfonso Penela Fernández - Fraga, G. Quijada, Portoles y Asociados, S.L.P. - Horacio Fernández del Castillo - José Luís Pereiro Alonso - Creuse Carrasco Arquitectos, S.L.P. - Dopi Arquitectos Asociados, S.L.P. - Díaz y Díaz Arquitectos, S.L.P. - Gau. Arquitectura e Urbanismo - Alfredo Feiedo Alemparte - Manuel Martínez López - Graíño Martínez López - Graíño Nieto Arquitectos - Rafael Espinosa Azofra - Jaime L. Lorenzo Saiz-Calleja - Espinosa de los Monteros y Arquitectos Asociados - Silvia Crespo Nomen - Joao Álvaro Rocha Arquitectos S.A. - Carlos J. Merit Cucart - Studio 63 O xurado valorou a alta calidade dalgúns dos proxectos elaborados polas empresas que optan á elección. Nos próximos días, tras unha nova reunión do xurado, coñeceránse ás empresas seleccionadas para a próxima fase. Nunha segunda fase o xurado elexirá a idea máis adecuada das 5 empresas seleccionadas como anteproxecto para definir a rehabilitación do vello cárcere de Lugo e as obras de urbanización que se consideren precisas, segundo as definicións contidas nas bases, para declarar un gañador do concurso. O Plan Urban conta cun investimento de máis de 16 millóns de euros dos cales unha parte provén de fondos europeos, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo. Trátase dun proxecto europeo que permitirá a modernización e revitalización do Centro histórico e do seu comercio.