Deputación de Lugo

A Xunta desvincúlase das propiedades dos hospitais provinciais de San José e San Rafael

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro destacou que se a Xunta non desexa seguir cos hospitais é unha decisión que modifica o traballo feito ata o de agora. A Deputación está decididamente volcada en sacar adiante o proceso

- Esta foi a primeira reunión que Gómez Besteiro mantivo coa Conselleira de Sanidade logo do cambio de goberno na administración autonómica para culminar o proceso de transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS - A vindeira semana reunirase a Comisión Mixta para abordar a Ponencia Técnica de Recursos Humanos e a Económica O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse este mércores coa Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para culminar o proceso de transferencia dos hospitais provinciais de San José e San Rafael ó Sistema Galego de Saúde Pública (SERGAS). Na xuntanza, na que tamén participaron a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján, e o Deputado de Persoal, Melchor Roel, ademais de técnicos provinciais, a responsable autonómica anunciou que a Xunta de Galicia se desvincula das propiedades dos hospitais provinciais. Gómez Besteiro subliñou que se a Xunta de Galicia non desexa seguir cos hospitais é unha decisión que modifica o traballo feito ata o de agora. Defenderemos os dereitos dos traballadores na Comisión de Persoal e Económia da vindeira semana porque entendemos que deben estar integrados no sistema sanitario. Ata o de agora tiñamos claro que había un acordo económico e que a Xunta mantiña a responsabilidade sobre os dous hospitais. Isto non se pode deter máis, tendo en conta a entrada en funcionamento do novo hospital de Lugo. Hai que darlle a máxima axilidade. Neste senso, Farjas indicou que trasladamos á Deputación que os usos dos hospitais de San Rafael e San José teñen que replantexarse, xa que non teñen encaixe dentro do plan funcional de Lugo como centros hospitalarios. Asimesmo, Farjas cualificou de excelente todo o feito ata o de agora. O titular provincial sinalou que a Deputación está decididamente volcada en sacar adiante o proceso, sobre todo polo interese dos propios pacientes, que é o que ten que importar. A este respecto, Gómez Besteiro apuntou que para a administración autonómica tanto o hospital de San Rafael como o de San José non entran nos proxectos sanitarios da Xunta. Non vou facer valoración sobre algo que non é competencia da Deputación. Ese cambio na propiedade dos inmobles implica que hai que revisar o acordo económico. Antecedentes Na reunión celebrada no mes de febreiro a Xunta e a Deputación fixaran o 1 de xullo de 2009 como data para que os hospitais de San José e San Rafael pasasen a depender do Sistema Galego de Saúde Pública. Asimesmo, no mes de xaneiro, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comprometérase a que o centro hospitalario de Castro de Rei seguise neste Concello, de xeito que a transferencia non tiña porque supoñer un cambio de ubicación. No encontro que mantivera con veciños deste municipio, Feijoo fixo público, ó igual que noutras ocasións, o seu compromiso para facer todo o posible para manter o actual emprazamento do hospital. Na xuntanza que Gómez Besteiro mantivera coa ex Conselleira de Sanidade concretáranse os custes económicos da transferencia e do uso dos inmobles. No eido económico, a Consellería de Sanidade ratificara o compromiso de completar o pago da débeda comprometida en 2005 polo anterior Goberno, e que remata en 2011. Ademais, a Xunta manifestara a súa intención de asumir a contía contraída dende entón ata o 1 de xullo por asistencia sanitaria, e que se cifra, ata o 31 de decembro de 2008 en 17,5 millóns de euros. En virtude do acordo, no caso da Ponencia Técnica de Inmobles establécese a prohibición dos usos residencias públicos ou privados na parcela na que se ubica o centro hospitalario da cidade. Deste xeito, para que a transferencia sexa efectiva o Pleno da Deputación xa aprobou no mes de maio a segregación e deslinde dos terreos necesarios dos hospitais provinciais, de forma que a Deputación deu continuidade ó acordo ó que chegaran ámbalas dúas administracións no mes de febreiro. A superficie a transferir á Xunta de Galicia no caso do de San José é de 15.144 metros cadrados e, no de San Rafael, de 48.490 metros cadrados. De todo o proceso só restaba completar pequenos aspectos da Comisión Técnica sobre Recursos Humanos para coñecer, exactamente, o número de profesionais, o custe das nóminas e as condicións laborais do persoal laboral fixo. Unha vez concluídos os detalles finais destes traballos, estaba previsto asinar o traspaso. A transferencia dos hospitais permitirá ofrecer ós pacientes servizos de calidade e racionalizar os recursos públicos. Para a Deputación é unha asignatura pendente ó igual que outras cuestións de primeira orde como o desbloqueo do parque de bombeiros ou o pago da débeda do canon hidroeléctrico.