Deputación de Lugo

As Pontes de Gatín, en Becerreá, protagonistas por primeira vez en Km0

Imaxe deputación de lugo
Veciños de Sober estrearon o itinerario que inclúe unha visita ós tres viaductos situados sobre o río Cruzul, e que son símbolo de distintas épocas na vila da Montaña luguesa

Preto de 300 persoas participan nas seis primeiras rutas de 2010 do programa medioambiental que promove a Deputación O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais de Mosteiro (Pol), e a outro da Agrupación Micolóxica Pingadouro de Sober, dentro de Km0. En total 271 persoas participan esta semana nas seis primeiras rutas de 2010 do programa medioambiental que promove o organismo provincial. No primeiro caso, trátase dun grupo de 48 persoas que visitaron a Ribeira Sacra, onde coñeceron o pobo e a presa de Belesar, e fixeron a ruta de sendeirismo ata a zona de Pesqueiras. Previamente e dentro dos edificios dependentes da Deputación, percorreron o Centro de Artesanía e Deseño. A ruta tamén incluiu unha degustación na adega “Vía Romana”. Os 48 veciños de Sober decantáronse pola Montaña Luguesa, concretamente polo municipio de Becerreá, onde se desenvolveu por primeira vez a ruta “Pontes de Gatín”. Os participantes completaron o itinerario cunha visita ó santuario de Cadoalla, no que destacan a capela de nave lateral, o altar de pedra, sen retablo, e as tallas do século XVII da Virxe do Carmen, San Xoan e San José. Os participantes tamén coñeceron a igrexa de Santa María de Lourenzo de Penamaior e fixeron a ruta a pé “Vía Romana XIX”, na que coñeceron os tres emblemáticos viaductos cos que os distintos trazados da vía Madrid-A Coruña salvaron o río Cruzul, e permanecen hoxe como testemuñas do paso do tempo e símbolo de distintas épocas na vila. O primeiro é de estilo neoclásico. O de Narón é de construción máis recente e, finalmente, a vella ponte de Gatín, data do século XVIII. O mércores, 48 integrantes da Asociación de Veciños do Corgo “Ponte de Neira”, farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais da ruta de sendeirismo por Pena do Castelo. O itinerario tamén incluirá unha visita á oleiría de Bonxe. Pola súa banda, 49 membros da Asociación “Terceira Idadade” de Monterroso decantaranse pola das “As Androias”, que está formada por unha visita á Torre de Altamira, á ponte Oxival e á fábrica de embutidos de Navia de Suarna. Os membros da asociación monterrosina tamén percorrerán o Mazo de Santa Comba. Polo que se refire ó xoves, un grupo da Asociación de Persoas Xordas de Lugo redescubrirán o municipio de Guitiriz. Os 24 veciños deste Concello elexirán a Fundación TIC, e visitarán o balneario, o campo de golf e o reloxio astrolóxico do Concello guitiricense. Tamén farán a ruta de sendeirimo dos sete muíños e visitarán o establecemento “La Esquina”, onde poderán mercar as famosas tortas de millo deste municipio. Ese mesmo día, 55 integrantes da Asociación Cultural Monciro de Pol logo de seren recibidos no Pazo de San Marcos, coñecerán o CENTRAD. Posteriormente, desprazaranse ata o Concello de Samos, no que visitarán a Capela do Arcipreste e o Mosteiro. A asociación cultural completará a ruta cun paseo pola beira do río Oribio.