Deputación de Lugo

A Deputación presentará a vindeira semana o proxecto do Centro de Recría da Granxa Gayoso-Castro

Imaxe deputación de lugo
É a grande aposta do organismo provincial polo sector agrogandeiro e triplicará a capacidade dos 14 centros de recría existentes en Galicia

O Presidente convidou a autoridades autonómicas e provinciais, ós Alcaldes da provincia, a entidades financieiras, ós sindicatos agrarios e a cooperativas de Lugo para asistir ó acto de presentación O Centro ocupará unha extensión de 7 hectáreas e dotará ás explotacións dun maior rango xenético, produtivo e sanitario A Deputación de Lugo presentará o vindeiro venres, 11 de setembro, na Granxa Gayoso-Castro o proxecto do Centro de Recría que o organismo provincial construirá nas instalacións que ten a Deputación en Castro de Rei. Trátase do proxecto máis revolucionario do agro galego, xa que triplicará o servizo que ofrecen na actualidade as 14 explotacións de recría existentes en Galicia. O acto de presentación celebrarase ás 12:00 horas e correrá a cargo de Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, do Acalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, o Deputado Provincial de Gandeiría, José María Arias, e de técnicos de TRAGSA –empresa encargada da redacción do proxecto-. Gómez Besteiro tamén convidou a autoridades autonómicas, á Delegada Provincial da Xunta, Raquel Arias, a entidades financieiras, ós sindicatos agrarios, a asociacións de mulleres rurais, e ás cooperativas da provincia. O titular provincial e a Presidenta de TRAGSA en España, María Luisa Graña Barcia, asinaron no mes de xuño o convenio de colaboración para a construción desta infraestrutura que ocupará unha extensión de 7 hectáreas. Na presentación da vindeira semana informarase da magnitude do proxecto e dos servizos que vai prestar ós gandeiros da provincia. Un maior rango xenético e produtivo O Centro servirá para dotar ás explotacións dun maior rango xenético, produtivo e sanitario, xa que o 45% da cota láctea de Galicia prodúcese en Lugo, e a provincia conta con máis de 80.000 becerras, pero tan só 14 explotacións se adican a recría na Comunidade Autónoma. Estes datos demostran que este servizo é insuficiente e pouco rendible para os gandeiros. Ademais, coa crise estes vense obrigados a facer a recría cos seus medios, un custe que se incrementa se teñen que recurrir a centros doutras Comunidades Autónomas. A recría de gando concéntrase nas Neves, en Zaragoza, o que supón un desenvolso económico para os gandeiros de Lugo e de Galicia, que teñen que levar os seus animais, traelos e pagar unha mensualidade media de 80 euros por novilla, ademais da dificultade de adaptación dos animais polo cambio de climatoloxía.