Deputación de Lugo

Deputación, FEC e SEC poñen en marcha o primeiro paseo cardiosaudable de España

Imaxe deputación de lugo
A iniciativa xurde do compromiso asumido polo organismo provincial, a SEC e a FEC na presentación de Km0 a Compostela no mes de xullo en Castroverde

Os expertos presentaron en Lugo un estudo nacional sobre a incidencia das enfermidades cardiovasculares de España, onde a provincia supera a media da taxa bruta de mortandade cun 516,9% Segundo a taxa estandarizada, Lugo sitúase entre as primeras provincias españolas nas que a causa de morte se debe a afecións cardiacas O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Presidenta da Sociedade Española de Cardiología (SEC), María Jesús Salvador, e o Presidente da Sociedade Galega de Cardioloxía, Ramiro Trillo, inauguraron este luns o primeiro paseo cardiosaudable de España: Ponte a Andar!. A iniciativa xurde da visita que realizaron no mes de xullo prestixiosos cardiólogos da FEC (Fundación Española do Corazón) e da SEC a Castroverde, co motivo da presentación do programa impulsado pola institución provincial, Km0 a Compostela. Neste senso, María Jesús Salvador agradeceulle a Deputación “su interés desde el primer momento; ya en nuestro encuentro el pasado mes de julio, por una iniciativa a favor de la salud de todos, y que hoy empieza en Lugo pero que se extenderá por toda España”. Pola súa banda, Ramiro Trillo subliñou que “las enfermedades cardiovasculares son la primera causa de muerte, de ahí la importancia de aplicar los hábitos saludables que todos conocemos pero que no llevamos a la práctica. Iniciativas como ésta o como Km0 a Compostela son las que nos ayudan”. Gómez Besteiro destacou que “hai dous meses iniciamos unha serie de colaboracións co obxectivo de fomentar hábitos cardiosaudables na provincia. Primeiro foi con Km0 a Compostela converténdonos, ademais, na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo e hoxe inauguramos este Paseo. Combinamos ecoturismo, medio ambiente, gastronomía, cultura, tradición e economía, ó tempo que axudamos a concienciar ós cidadáns a importancia de levar unha vida saudable”. Da mesma maneira, o Presidente da Deputación salientou que Lugo ten máis de 30 quilómetros de paseo arredor do río Rato “converténdose no pulmón e agora no corazón dos veciños da provincia. E diso nos temos que aproveitar os lucenses, da natureza da que gozamos para levar unha vida sana”. Incidencia destas enfermidades Froito da colaboración entre o organismo provincial, a SEC e a FEC, os especialistas elexiron Lugo para adiantar en primicia os resultados dun estudo nacional realizado en 2009 sobre a incidencia das enfermidades cardiovasculares de España. O informe, que será revelado próximamente, pon de relevo que Lugo supera a media da taxa bruta de mortandade –indicador demográfico que sinala o número de defuncións dunha poboación por cada mil habitantes durante un ano- cun 516,9%. A Presidenta da SEC explicou pormenorizadamente a situación na que se atopa a provincia segundo o tipo de enfermidades cardiovasculares. No caso de patoloxías cardiacas reumáticas, o índice de mortandade de Lugo sitúase nun 1,15% fronte ó 3,04% de España. En enfermidades hipertensivas a porcentaxe provincial é do 36,84% fronte ó 16,68% nacional; en cardiopatía-isquemia o índice lucense é do 141,01% fronte ó 82,95% estatal; en cerebrovasculares a porcentaxe de habitantes que morre en Lugo a causa desta enfermidade é do 142,45% fronte ó 73,62% español; en insuficiencia cardiaca o índice de mortandade lucense é do 94,97% fronte ó 44,78 de España; e en arritmias e outras enfermidades a porcentaxe provincial é do 100,44% fronte ó 55,55% nacional. Taxa estandarizada María Jesús Salvador deu a coñecer tamén os datos do estudo segundo a taxa estandarizada de mortandade, que en Lugo se sitúa nun 246,8%. Este indicador establece a porcentaxe de habitantes que faleceron en 2007 –ano sobre o que se realiza o estudo- a causa de enfermidades con afecións cardiacas. No caso das reumáticas, Lugo é a provincia, despois da Coruña, na que máis personas morreron a causa desta patoloxía. No caso de enfermidades hipertensivas só Huelva e Castellón superan a Lugo; en cardiopatía-isquemia a provincia lucense só é superada polas Palmas e Castellón; en insuficiencia cardiaca por Sevilla e Baleares; en patoloxías cerebrovasculares por Sevilla e Ourense; e en arritmias e outras enfermidades por Málaga e Xaén. Inauguración do Paseo Ducias de persoas acompañaron a Gómez Besteiro e ós presidentes da Sociedade Española e Galega de Cardioloxía no percorrido do Paseo, que partiu do Centro de Interpretación Terras do Miño e rematou no Centro de Cestería do río Rato, onde os caminantes puideron degustar unha ampla variedade de produtos autóctonos cardiosaudables. O Paseo está formado por 10 mensaxes ou regras que se deben seguir para diminuír o risco de padecer alguna enfermidade cardiovascular: “levar unha dieta saudable; camiñar trinta minutos ó día; nunca fumes. Se fumas, déixao xa!; mantén o teu peso ideal; vixía a túa cintura; coñece e controla a túa tensión arterial; vixía os teus niveis de colesterol e glicosa; aprende a controlar o teus estrés e a túa ansiedade; coñece o teu risco cardiovascular; e comparte as túas dúbidas con outra xente. Tanto para a organización das 25 rutas de Km0 a Compostela como do 1º Paseo Cardiosaudable: Ponte a Andar, a Deputación contou coa colaboración da FEC e da SEC, organización sen ánimo de lucro, e que ten por finalidade a mellora da prevención, diagnose e tratamento das enfermidades cardiovasculares, achegando a mensaxe científica dunha vida cardiosaudable á sociedade. A Deputación, a Sociedade Española de Cardioloxía e a Fundación Española do Corazón iniciaron en xullo unha serie de colaboración co obxectivo de divulgar a adopción de hábitos saúdables e fomentar o desenvolvemento da investigación cardiovascular. Naquel momento, a Presidenta da SEC xa amosara o seu interese e preocupación polos resultados do informe presentado hoxe sobre a incidencia das enfermedades cardiovasculares de España, onde Lugo supera a media da taxa bruta de mortandade.