Deputación de Lugo

A Deputación incrementa máis dun 20% o presuposto do Parque Móbil para ampliar os servizos ós Concellos

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial pon a súa disposición as máquinas deste departamento para arranxar estradas municipais e aforrarlles cartos

Lara Méndez supervisa os traballos que a Deputación está a realizar nos viais do Concello de Cervo A Deputación incrementa en máis dun 20% con respecto o ano pasado o presuposto adicado ó Parque Móbil para 2010 co obxetivo de ampliar os servizos ós Concellos. Deste xeito, o orzamento increméntase uns 600.000 euros, e chega ata ós 3.200.000. O organismo provincial pon a disposición dos Concellos as máquinas deste departamento para o arranxo das estradas municipais. Trátase dunha iniciativa coa que a Deputación aforra cartos ós Concellos, xa que asume os costes que suporían a contratación deste servizo, e que se enmarca dentro da aposta do organismo provincial pola cooperación máxima cos 67 Concellos da provincia. Precisamente, este mércores a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou os traballos que se están a realizar nas vías municipais do Concello de Cervo coas máquinas do Parque Móbil. As actuacións, que comezaban esta mañá e que se prolongarán durante un mes, consisten na limpeza e mantemento das estradas que o requiran. Para elo, o organismo provincial desprazou un equipo composto por 1 motoniveladora, 1 retropala, e 1 camión vasculante. Da mesma forma, a Deputación conta con outro operativo das mesmas características que tamén se atopa traballando na Mariña, concretamente no Concello de Viveiro. Dende 2007, a institución provincial triplicou o orzamento do Parque Móbil para adquirir maquinaria que realice traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, cortes de taudes, mantemento de pistas, limpeza de escombreiras e bordes de terrapléns, nas estradas de titularidade municipal.