Deputación de Lugo

Gómez Besteiro favorece a apertura de novos mercados para Lugo coa Cámara de Comercio Hispano Xaponesa

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación mantivo un encontro co Director desta entidade aproveitando a visita oficial que está a realizar pola provincia

Martínez Massa amosou o seu interese polas campañas de promoción turística e de productos autóctonos do organismo provincial como Km0 e Lugo Sabe O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo un encontro este xoves co Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa, Miguel Ángel Martínez Massa quen está a realizar unha vista oficial pola provincia coa intención de coñecer novos mercados. Neste senso, Martínez Massa expúsolle ao titular provincial o interese da entidade que representa por dar a coñecer Lugo aos seus afiliados, a todos os cidadáns xaponeses residentes en España, e os diferentes países donde teñen representación diplomática. Pola súa banda, Gómez Besteiro explicoulle as liñas xerais dos programas que a Deputacion está a levar a cabo para a promoción do turismo, e dos produtos autóctonos lucenses, e que están a fomentar o desenvolvemento da provincia como son Lugo Sabe e Km0. O Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa amosouse moi interesado nestes proxectos, e plantexou a posibilidade dunha colaboración entre ambas as duas entidades abrindo novos mercados de negocios. Da mesma forma, o máximo mandatario provincial sinalou que este é ademais un ano de oportunidades económicas por ser Ano Santo. Gómez Besteiro explicoulle a Martínez Massa que a Deputación non quixo perde esta ocasión única para atraer visitantes á provincia pola que transcorren 800 quilómetros de peregrinación. Por iso, o organismo provincial puxo en marcho o pioneiro programa Km0 a Compostela co que se convertíu na primeira administración cunha programación previa e estable ao Xacobeo. O Director da Cámara de Comercio Hispano Xaponesa sinalou que aos cidadáns xaponeses interésanlles as opcións de ocio e gastronómicas doutros países, e que España segue sendo aínda a gran descoñecida. Ademais, explicou que parte dos beneficios das empresas xaponesas adícanse a pagar aos seus traballadores viaxes por calquera parte do mundo. Neste senso, sinalou que Lugo, tanto polas súa naturela, cultura, historia, ou gastronomía, podería ser un destino moi elexido. Durante o encontro, Gómez Besteiro fíxolle entrega a Martínez Massa dunha publicación limitada sobre Km0 a Compostela, e dun lote de produtos autóctonos da campaña Lugo Sabe.