Deputación de Lugo

A Deputación adxudica provisionalmente 3 obras do POS 2009 por valor de 1,3 millóns de euros

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial outorga 295 axudas dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2009

A Xunta de Goberno aproba 5 novas axudas dentro do Plan para Concellos de menos de 5.000 habitantes por valor de 66.777 euros O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emite unha sentenza na que se dá por zanxada a débeda entre Chantada e a institución provincial polo canon enerxético Gómez Besteiro participará como convidado nun foro de economía de primeiro nivel en Sudamérica, no que exporá as políticas medioambientais da Deputación A Xunta de Goberno aprobou este venres por vía de urxencia a adxudicación provisional de tres obras do Plan de Obras e Servizos de 2009 por valor de 1.367.817 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 663.141 euros. O voceiro provicial socialista, Antonio Gato Soengas, lembrou que “o POS deste ano supera os 6,3 millóns de euros, a metade da partida apórtaa o Ministerio de Administracións Públicas e o resto repártese entre a Deputación e os Concellos. Hoxe adxudicamos provisionalmente tres destas obras coas que satisfacemos a demanda dos veciños”. Con cargo a este Plan, o organismo provincial acondicionará tres treitos da estrada provincial 4606 que vai de Pol a Ribeira de Piquín e á Fonsagrada. Concretamente, son os tramos de Rioxoan por Boel; Chao de Pousadoiro e Chao de Pousadoiro; Carballido a Asturias, e que suman 16,300 quilómetros. Asimesmo, tamén se mellorará o firme da CP 1611, no treito de 5,500 quilómetros que vai da N-VI á LU-541, en Begonte; e sanearanse os núcleos de Cancela Vella e Viladaide, en Barreiros. Plan de Comunidades Veciñais Tamén por vía de urxencia, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ó Plan de Comunidades Veciñais de 2009, a través do que a Deputación executará obras en todos os Concellos da provincia por valor de 3,7 millóns de euros, agás no do Vicedo que non presentou ningunha solicitude. O organismo provincial inviste 2,2 millóns, o que representa o 60% do total. Antonio Gato destacou que “esta é outra liña de Cooperación da Deputación coa que satisfacemos a demanda dos veciños e veciñas da provincia, xa que aínda que son obras pequenas son moi necesarias, sobre para aqueles municipios que contan con menos recursos”. Concédense subvencións a Comunidades Veciñais de todos os Concellos da provincia, menos ó do Vicedo porque non fixo ningunha solicitude. A maior parte refírense a pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público, acondicionamento de camiños rurais, etc Destas axudas beneficiaranse 295 entidades asociativas e a convocatoria fíxose por concurrencia competitiva. “É importante subliñar que este ano o número de colectivos interesados na iniciativa da Deputación viuse incrementado con respecto a 2008. En total houbo 599 solicitudes”. Precisamente, hoxe tamén se aprobaron 20 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais de 2006 (3), 2007 (9) e 2008 (8). Suman un total de 169.302 euros dos que a Deputación achega 114.916. Obras en Concellos pequenos Aprobáronse 5 novas axudas dentro do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes de 2009 por valor de 66.777 euros. Corresponden ós Concellos de Begonte, Mondoñedo, A Pastoriza, O Valadouro e As Nogais. “Como saben, para este Plan aprobárase un orzamento de 721.000 euros, e quedara un remanente de 66.777 euros, no que se acollen as axudas que aprobamos hoxe. Esta liña de Cooperación permite ós Concellos realizar pequenas obras que axudan a solventar problemas que son grandes para os municipios con poucos recursos, xa que máis da metade destas obras, que son decididas polos municipios, son de arranxo de camiños”, apuntou o voceiro provincial. En total, 39 Concellos benefícianse deste Plan, agás os afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación. Grazas ó á iniciativa da Deputación, posta en marcha por primeira vez en 2008 e que tanto éxito está a a acadar, os municipios contan este ano con 1,1 millóns de euros para a realización de pequenas infraestruturas. Desta candidade, a Deputación achega o 70% e os Concellos o 30 restante. Débeda saldada con Chantada O voceiro provincial socialista tamén deu conta dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da que se pon fin á controversia entre o Concello de Chantada e a Deputación polo canon enerxético. “A sentenza vén a declarar que as actuacións entre as dúas partes para o abono da débeda son absolutamente axeitadas e teñen todas as bendicións xudiciais. O convenio entre o organismo provincial e Chantada non incurre en ningún defecto e dende logo manifesta que se axusta o importe da débeda recoñecida pola institución provincial e a que a propia Sala acordou no seu día”. Gato Soengas, lembrou que o procedemento que se seguiu con Chantada é exactamente o mesmo que o que se aplicou para liquidar a débeda que afecta ó resto dos Concellos afectados pola produción hidróeléctrica, e que non contan con sentenza favorable. “Aínda que non teñen sentenza xudicial hai que dicir con rotundidade e con satisfacción que a Deputación adiantouse e fíxoo con rigor e eficiencia. Por tanto, algunhas declaracións do PP en relación coa liquidación quedan acaladas”. Foro económico en Sudamérica O Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, participará nos próximos días nun foro económico de primeiro nivel en Sudamérica organizado polo Banco Ciudad de Buenos Aires e pola Asociación de Xóvenes Empresarios deste mesma cidade arxentina. A súa participación fixo que o Gómez Besteiro cursase a súa petición de adiantar a súa comparecencia no Parlamento de Galicia porque non quería faltar á esta cita anual. Finalmente, comparecerá na Cámara Galega o vindeiro luns, ás 12:30 horas, para explicar as principais liñas dos Presupostos de 2010. O titular provincial será o primeiro que participe e o resto das Deputacións farano nos vindeiros días nunha única convocatoria. O titular provincial , que irá acompañado do Deputado Melchor Roel e dun técnico, chegará a Sudamérica o día 4 e voltará o 12 de novembro. A intervención de Gómez Besteiro versará sobre a política mediambiental da Deputación coas que o organismo provincial desmostrou que o medio ambiente pode ser unha oportunidade económica. Xunto co titular provincial, no encontro participarán o Presidente do Banco Ciudad de Buenos Aires, ademais de varios expertos en economía.