Deputación de Lugo

A enerxía centrará a última mesa sectorial do Plan Estratéxico da Deputación

Imaxe deputación de lugo
Expertos socioeconómicos analizaron este mércores a situación dos sectores da industria e da construcción da provincia

O sector da enerxía será o tema a debatir na última mesa sectorial que se celebrará o vindeiro 27 de outubro nas instalacións do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) dentro do Plan Estratéxico que a Deputación de Lugo, xunto con Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, están a realizar co obxectivo de afrontar de forma global a provincia. Deste xeito, xa serán 21 as mesas celebradas nas que se abordaron todos os campos, dende a pesca, a agricultura e ata a sanidade ou o transporte. Logo da celebración de todas as mesas, procederase a redacción do documento que determinará os aspectos a ter en conta de cara ás políticas a seguir no futuro. O Plan Estratéxico que ideou a Deputación é unha iniciativa pioneira xa que ningunha outra institución provincial fixera antes un estudo de Lugo desta magnitude. A industria e a construcción a debate Expertos socioeconómicos xuntáronse este mércores no INLUDES para tratar os sectores da industria e da construcción. Na primeira mesa sectorial, que tivo lugar ás 12:00 horas, os especialistas salientaron que o 40 por cento da actividade industrial da provincia concéntrase na cidade de Lugo fronte a un 30 por cento que o fai na Mariña. Por otra banda, xa pola tarde, ás 17:00 horas durante a mesa sectorial de construción, os expertos socioeconómicos subliñaron que, no que vai de ano, o visado de obra nova descendeu un 69 por cento, e que o prezo dos pisos baixou nun 10 por cento con respecto ao 2008. Ademais, concluiron que as vivendas secundarias da provincia concéntranse na Mariña, onde o 19 por cento están vacias e o 75 por cento destas en bo estado.