Deputación de Lugo

O equipo dirixido por Gómez Besteiro pechará no Pleno de mañá a débeda que arrastraba a institución provincial desde hai 18 anos

A Deputación salda con 6 millóns de euros a débeda con 15 Concellos afectados polo canon

- A un ano e medio da toma de posesión o Presidente subraia o cumprimento dos compromisos de goberno máis notables - Esta mesma semana a Deputación comeza a contratación da primeira obra do Plan de Chantada O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, e polo Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, presentou este luns o reparto do canon enerxético dos encoros da provincia de Lugo que contan con produción hidroeléctrica, que será ratificado mañá polo Pleno e que ascende a 6.098.876,36 €. Gómez Besteiro sinalou que cando só cumprimos un ano e medio do noso mandato a Deputación de Lugo cumpre unha vez máis e volve saldar outra débeda histórica: o pago do canon hidroeléctrico ós 15 Concellos afectados, á marxe de Chantada, municipio co que xa estamos tramitando a contratación das obras e que xa ten un convenio con vida propia e que pon fin a ese contencioso histórico entre ámbalas dúas administracións. No Pleno provincial quedarán aprobadas as porcentaxes correspondentes ó reparto do canon enerxético dos 15 Concellos afectados. O máximo mandatario provincial subraiou que ningún dos que estaban á marxe de Chantada tiñan sentenza xudicial contra a Deputación, Esta cantidade establécese tendo en conta que Chantada recibía por sentenza un terzo desas compensacións avaliándose tres criterios: poboación, superficie e potencia eléctrica. Ahora procedemos a facer un cumprimento político cos outros Concellos que non tiñan sentenza favorable. Non hai unha recuperación xudicial. Reparto riguroso Para establecer un reparto riguroso encargamos ó traballo ó Laboratorio do Territorio do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, un prestixioso equipo e responsable da redacción da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación de Lugo desde hai anos, afirmou Besteiro. Estableceron un reparto equitativo e proporcional, establecendo pesos e puntuacións para cada un dos criterios e variables considerados no cálculo. Os Concellos que se beneficiarán do reparto son: zona sur (O Saviñao, Taboada, Paradela, Portomarín, Páramo, Guntín, Carballedo, Pantón, Ribas de Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón) e zona norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz). Neste estudo empregáronse un total de 9 indicadores diferentes, dos cales os 3 primeiros son os mesmos que se empregaron no informe pericial sentenza de Chantada (cálculo por superficie, cálculo por poboación e cálculo por potencia instalada) e os 6 restantes foron propostos polo equipo baseados en fontes oficiais como o INE ou nos datos da Deputación para outras accións como os cálculos do POS. As cantidades divididaranse por anualidades 2008-2010 e están amparadas polo Plan Económico Financieiro da Deputación (ver informe que se xunta) O responsable provincial subraiou que o reparto do canon inclúese nos compromisos da Deputación asumidos cando se constituiu o novo goberno da Deputación. Cando chegamos tiñamos tres obxectivos fundamentais que responde a tres grandes débedas historicas: o reparto do canon hidroeléctrico, finalizar con éxito a transferencia de hospitais e instaurar a rede provincial de extinción de incendios. Gómez Besteiro explicou que estas cantidades non se transferirán directamente ós Concellos. Seguiremos un sistema semellante ó de Chantada que foi a través dun convenio. Agora procederase a plantificar os investimentos e a partir de aquí decidirase que inversións se realizarán en cada un destes municipios. Pola súa banda, o Vicepresidente Primeiro, subliñou que foron anos de demandas políticas tanto aquí na Deputación coma nos Concellos afectados. Pero tivo que haber un novo goberno na instititución provincial que afrontara esta cuestión. Hoxe damos por rematado este proceso co reparto definitivo con cada un dos Concellos afectados. Ademais, melloramos outros criterios que van posibilitar que o reparto sexa máis equitativo. O Deputado de Cooperación cos Concellos anunciou que esta mesma semana se iniciará o expedente de contratación da obra de rexeneración das vías do entorno rural de Chantada que teñen un valor de 1.149.764 euros, incluído no Plan de Obras para este municipio. Os veciños teñen que ter moi claro quenes foron os que lograron este investimento tan importante para eles. » Informe previo sobre o procedemento de cálculo das porcentaxes correspondentes ao reparto do canon eléctrico dos encoros da provincia de Lugo