Deputación de Lugo

A Deputación impulsa a venda dos 50.000 quilos de cereixas que produce Ribas de Sil

Imaxe deputación de lugo
Besteiro, Sotuela e Zarzuela presentan nun posto no mercado da Praza de Abastos da capital a oitava edición da Festa da Cereixa deste municipio da Ribeira Sacra

O organismo provincial colabora con esta iniciativa dentro da aposta pola promoción dos produtos autóctonos para xerar riqueza na provincia Na festa, que terá lugar a vindeira fin de semana, 20 expositores porán á venda 2.000 quilos de cereixas, 250 litros de aceite, así como pezas de artesanía O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Ribas do Sil, Miguel Ángel Sotuela, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, presentaron este martes, nun improvisado posto de cereixas no mercado da Praza de Abastos da capital, a oita edición da festa deste produto. Trátase da cita gastronómica que acollerá o municipio da Ribeira Sacra o 12 e 13 de xuño, e coa que se busca potenciar a venda dos 50.000 quilos de cereixas que anualmente se producen neste Concello. O titular do organismo provincial destacou ante dúcias de persoas que se achegaron ó expositor que “traemos as cereixas á Praza de Abastos para que todos comproben a súa excelente calidade. Temos que promocionar no exterior este e outros produtos únicos da nosa provincia”. Pola súa banda, Sotuela convidou ós veciños a participar na feira desta fin de semana “xa que vamos a ter alimentos exquisitos”. Mentras, Luisa Zarzuela salientou que “esta convocatoria serve ademais para promocionar a praza de Abastos. É a primeira, pero ante ó seu éxito, imos a facer máis presentacións coma esta”. O organismo provincial colabora con esta iniciativa para impulsar un produto ecolóxico que sobresale pola súa calidade e sabor grazas ás condicións climatolóxicas desta zona. Esta axuda enmárcase dentro da aposta da Deputación pola promoción dos produtos autóctonos para xerar riqueza na provincia, e súmase á campaña Lugo-Sabe, e a marca de calidade que leva o mesmo nome. A produción da cereixa é un complemento adicional para gandeiros e viticultores do sur da provincia. En xeral, véndese en pequenas cantidades debido ás dificultades para recollelas a causa da avanzada idade dos seus produtores. 2.000 quilos de cereixa e 250 litros de aceite Ademais dos 2.000 quilos de cereixas que se porán a venda, tamén se promocionará o aceite de Ribas do Sil con 250 litros, un produto de gran valor na cociña debido o seu forte sabor. En total, a feira contará con 20 expositores de figos, mel, viño, licores, respostería, así como de bisutería, bonecas en miniatura, e distintas pezas de artesanía. A programación inclúe concertos de música tradicional, interpretacións teatrais, xogos infantís, pasarúas, e degustacións. A cita terá lugar na praia fluvial deste Concello, un lugar moi turístico debido ós servizos que presta. Deste xeito, recentemente, e logo de recibir unha subvención de 24.000 euros da Deputación, acondicionouse un espazo para autocaravanas debido á demanda dos turistas do sur da provincia, e ó auxe deste tipo de vehículos.