Deputación de Lugo

O Castelo de Doiras, o Mosteiro de Samos e o paseo das Aceas de Sarria, esta semana de Km0

Amas de casa de Lourenzá e Barreiros e estudantes de Quiroga partiipan nesta iniciativa promovida pola Deputación

O programa de visitas institucinais e medioambientais Km0 chegará esta semana ós Concellos de Cervantes, Samos e Sarria. Veciños de Lourenzá e Barreiros e alumnos do IES de Quiroga participarán nas rutas organizadas desde o martes ó xoves dentro desta iniciativa que promove a Deputación para dar a coñecer a institución e a provincia e, ó mesmo tempo, promocionar a economía da nosa provincia. Un grupo de amas de casa de Lourenzá foron recibidas este martes no Pazo de San Marcos e a continuación percorreron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Pola tarde desprazaranse a Cervante, onde visitarán o Castro de Couso e o Palacio de Quindós e farán un percorrido a pé ata o Castelo de Doiras. Este mércores a ruta elexida é a do Mosteiro de Samos. Neste caso, 54 persoas pertencentes a Asociación de Amas de Casa e Consumidores “Beiramar” de Barreiros visitarán o CENTRAD, o Mosteiro de Samos e a Capela do Ciprés e darán un paseo pola área recreativa do río Toribio. Por último, o día 12 un grupo de alumnos e profesores do IES de Quiroga, que tamén elexiu o Centro de Artesanía e Deseño como visita complementaria, coñecerán as igrexas de Barbadelo e da Magdalena e a Torre da Fortaleza en Sarria, e ralizarán unha ruta a pé de tres quilómetros polo Paseo das Aceas, no Concello sarriano.