Deputación de Lugo

CELEBROUSE A 1ª FESTA DO AUTOMOBILISMO – LUGO RACING

¿Rápido pero con sentidiño” foi a recomendación de Antón Bao para os mozos e mozas que ateigaban o recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo

O vicepresidente primeiro da Deputación foi o encargado de descubrir o coche que pilotarán os elixidos no proxecto Volante Xoven O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acolleu o sábado 29 de novembro a 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing. Na xornada matinal, despois de que os pilotos estacionase os seus vehículos no parque pechado, o responsable da Área de Deportes da deputación, Antonio Veiga, inaugurou esta festa do deporte do motor e abriu o coloquio que, moderado polo xornalista deportivo Miguel Cumbraos, se desenvolveu baixo o título Auxe do Automobilismo en Lugo, pasado, presente e futuro, neste coloquio participaron importantes figuras do automobilismo como Luis Moya, Beny Fernández, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, José Alonso, Luis Vilariño, Iván Corral, Carlos Iñiguez, o Comandante José Iglesias e Avelino Basanta. Antonio Veiga loubou o traballo dos pilotos que “converteron a Lugo e Galiza nunha potencia no mundo do motor no que ademais de ter un gran número de deportistas contamos importantes campións”. Xa pola tarde o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, foi o encargado de descubrir, acompañado polo subdelegado do goberno, o coche que pilotarán os seleccionados no proxecto Volante Xovén. Na súa intervención o vicepresidente da Deputación recomendoulles aos mozos e mozas alí presentes que “ao volante debedes de manter unha actitude similar á que temos no goberno da Deputación, imos rápido pero con sentidiño”. A continuación iniciáronse, no circuíto deseñado no interior do recinto do pazo de feiras e exposicións, as exhibicións a cargo dos pilotos participantes nesta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing organizada pola Área de Deportes da Deputación e coa colaboración da Escudería Miño. Esta 1ª Festa do Automobilismo - Lugo Racing estivo aberta a todas as escuderías da provincia de Lugo e a todos os seus pilotos, nas diferentes especialidades de Karts, Slalom, Montaña e Rallyes. O número total de vehículos participantes superará os 80 entre coches e karts. As exhibicións efectuaronse no circuíto montado, especialmente para esta ocasión, nos dous pavillóns de dita Feira, nos dous pavillóns da Feira, haberá instaladas gradas para os afeccionados que desexen ver o espectáculo, cun aforo limitado a 2.000 persoas.