Deputación de Lugo

ANTÓN BAO RECIBIU AO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Pablo Villamar fixo a primeira visita oficial á Deputación de Lugo, como vicepresidente da Deputación de A Coruña.

Os dous vicepresidentes mantiveron unha xuntanza na que analizaron o funcionamento das áreas gobernadas polos nacionalistas en ámbalas dúas deputacións O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, recibiu hoxe ao vicepresidente da Deputación de A Coruña que realizou a súa primeira visita oficial ao Pazo de San Marcos en representación da Deputación de A Coruña. Pablo Villamar foi recibido por Antón Bao e polos voceiros dos grupos políticos con representación na Deputación de Lugo. Tras a recepción Antón Bao amosoulle ao seu homologo as dependencias do Pazo de San Marcos e ámbolos dous mantiveron unha xuntanza no despacho do vicepresidente Antón Bao. Antón Bao sinalou que despois ter establecido un plan de traballo coordinado co goberno galego e de coñecer de primeira man as necesidades das comarcas, de moitos dos concellos, e do tecido asociativo de Lugo “é hora de intercambiar experiencias sobre os modelos de funcionamento de ámbalas dúas Deputacións, e de ver como se desenvolveron ata o momento os acordos de goberno que se manteñen en Lugo e en A Coruña”. Bao lembrou se trata de dous modelos de Deputación ben distintos “aínda que as políticas desenvoltas polos nacionalistas deben de ir encamiñadas cara un obxectivo común consistente en depositar nos concellos e no goberno galego a maior parte das funcións e destimando a maior parte dos orzamentos a apoiar as accións do goberno galego e dos concellos”. FONDOS DO ESTADO DIRIXIDOS AOS CONCELLOS Antón Bao resaltou ante os medios de comunicación que o modelo de territorial ao que se debe tender no futuro é un modelo de distribución no que a existencia das Deputacións queda en entredito “proba disto é a recente distribución de fondos que realizada polo goberno do estado na que os concellos foron os destinatarios directos e obviáronse ás Deputacións”. Antón Bao sinalou que “ante situacións nas que se require axilidade e operatividade incluso o goberno central opta por facer as distribucións de fondos a través das administracións locais que son as máis próximas aos cidadáns e as que máis garantías ofrecen á hora de achegar os recursos aos cidadáns“.