Deputación de Lugo

O 90º ANIVERSARIO DA ASAMBLEA NACIONALISTA DE LUGO CONMEMÓRASE CUN CICLO DE CONFERENCIAS ORGANIZADAS POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galiza.

Xoán Carlos Garrido falou do xurdimento dos movementos sociais en Galiza. Un total nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego O 90ª aniversario da Asamblea Nacionalista centrará as xornadas que levan por título, A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual. Nestas xornadas que se levarán a cabo desde o mes de novembro até o de xaneiro do 2009 poñerase de manifesto a vixencia do ideario nacionalista asinado no ano 1918. Con este acto organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) quere darse a coñecer unha etapa histórica de Galiza e un fito histórico que supuxo o nacemento do nacionalismo moderno e da historia do noso país. O manifesto nacionalista asinado en Lugo no 1918 é de grande importancia, porque rexistra o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político. Publicado no seu día como Manifesto ao Pobo Galego e distribuído en forma de folla solta , recolle, os acordos da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Tales acordos asinados fai 90 anos, no Hotel Méndez Núñez, da cidade de Lugo representan o cerne e o xermolo do Nacionalismo Galego, movemento político que se atopa Baixo o título Do local ao nacional, Xoán Garrido falou hoxe dos movementos sociais que se produciron na primeira década do século XX en Galiza, do rexurdir e na animación destes movementos que foron parellos á toma de conciencia das clases populares e do campesiñado galego, da súa problemática tanto política como social. Desde unha óptica galega tentaron buscarlle solucións ás problemáticas do país creando estruturas propias como as Irmandades, pois non se vían representados nas estruturas estatais existentes.