Deputación de Lugo

Alumnos dos CEIP de Palas de Rei, Cervantes e Pedradita participan esta semana en Km0

Veciños de Triacastela visitan hoxe ó Concello de Viveiro grazas a esta iniciativa da Deputación

Os estudantes de Cervantes e Pedrafita coñecerán as instalacións da produtora da Fundación TIC Alumnos dos Colexios de Educación de Infantil e Primaria de Palas de Rei, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro e un grupo de veciños de Triacastela viaxarán esta semana ó norte da provincia dentro no programa de visitas institucionais e medioambientais Km0 que promove a Deputación de Lugo. Este martes foi recibido un grupo de veciños de Triacastela no Pazo de San Marcos para que coñecesen a institución e explicarlles a finalidade desta iniciativa. A continuación percorreron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño e trasladáronse á Mariña. En Viveiro darán un paseo pola praia de Covas, visitarán a lonxa de Celeiro e subirán ó Alto de San Roque. Mañá participarán en Km0 54 alumnos e profesores do CEIP de Palas de Rei. A ruta comezará cunha visita á Oleiría de Bonxe e despois será a recepción na Deputación. Os rapaces desprazaranse ata Mondoñedo onde darán un paseo polo Barrio dos Muíños e visitarán o Museo Diocesano e a fábrica de zocas. O xoves estudantes de Cervantes e Pedrafita coñecerán as instalacións e o traballo que realiza a produtora da Fundación TIC. Despois visitarán o Mazo de Ferreiravella, no Concello de Riotorto, así como as Forxas e os Fornos da Pontenova.