Deputación de Lugo

A Deputación mobilizou a 132 operarios e 76 vehículos durante o temporal desta fin de semana

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro dixo que “se está a traballar con todos os medios dispoñibles e a Deputación colaborará coas administracións autonómica e central”

O organismo provincial recibiu 55 avisos especialmente por caída de árbores A Deputación mantivo esta fin de semana un dispositivo formado por 132 operarios, 76 máquinas e 27 motoserras para atender as incidencias ocasionadas polo forte temporal de vento e neve que azota a nosa provincia desde o pasado venres. Ademais, esparcíronse 23 toneladas de sal nas estradas da rede viaria provincial e dous equipos do Parque Móbil están este luns retirando árbores e neve nas estradas da Fonsagrada e Becerreá. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que se está a traballar con todos os medios dispoñibles. Hai que ter en conta que sufrimos un inverno como hai anos que non se lembra, con neve, vendavais e saraiba. Esto siginifica que se xeneran importantes problemas. Gómez Besteiro anunciou que a Deputación colaborará coas administracións autonómica e central e lembrou que a declaración de zona catastrófica é competencia da Xunta de Galicia, que está traballar nesa líña, como xa anunciou ó Presidente do executivo autonómico, Emilio Pérez Touriño, durante a visita a unha das zonas máis afectadas. Retirada de árbores e estradas cortadas As tarefas céntranse hoxe especialmente na retirada de árbores e ramas caídas sobre a calzada e sobre tendidos eléctricos que provocaron cortes temporais en diversas vías da rede viaria provincial. Esta mañá estaba cortado un treito de 500 metros dunha estrada provincial no Concello Abadín, de Foxa a Canteirada, por caída de árbores, así como outra estrada en Portomarín, de Castromaior por Nespereira; neste último caso, a caída de árbores afectou ó tendido eléctrico, o que complica as tarefas de retirada destes elementos. Avisos polo temporal Segundo os datos aportados polo Presidente provincial, desde as 21:00 horas do pasado venres ata esta mañá recibíronse na Deputación 55 avisos procedentes tanto do Servizo de Protección Civil como de Concellos e de particulares. A maioría están relacionados coa caída de árbores e ramas sobre a calzada e sobre tendidos eléctricos que a cruzan, así como por vehículos con dificultades pola neve e, en menor medida, asolagamentos na calzada. A incidencia de árbores caídas foi especialmente grave en diversas estradas da Mariña, por mor das prantacións de eucaliptos afectadas polo intenso temporal de vento. En moitas zonas xa foi posible prodecer a unha retirada parcial destas árbores co obxectivo de habilitar un paso provisional á circulación a pesar do gran tamaño de moitas delas e á imposibilidade de retirar a un lugar de vertido autorizado estes restos, tarefa que require medios de carga e transporte adicionais e na que se está a realizar a partir de hoxe. Desde a Deputación faise unha chamada a extremar a prudencia na circulación co fin de previr situacións de risco derivadas da posible existencia de neve ou xeo así como de árbores e ramas que poidan afectar á seguridade do tráfico nas vías provinciais.