Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO RECIBIU, POR MANS DO SEU VICEPRESIDENTE, A DISTINCIÓN DE SOCIO DE HONRA DO CLUBE DEPORTIVO LUGO

Antón Bao recibiu o distintivo de socio de honra, unha placa conmemorativa e foi agasallado cunha camisola do club co seu nome gravado

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, recibiu a insignia que distingue á Deputación de Lugo como socio de honra do Club Deportivo Lugo. Antón Bao recibiu o distintivo de mans do presidente da entidade, Xosé Bouso, en recoñecemento ao apoio que a Deputación, e concretamente a Área de Deportes, lle está a brindar ao CD Lugo. Ademais da insignia de ouro, que lle outorga á Deputación o carácter de Socio de Honra do CD Lugo, o vicepresidente recolleu unha placa conmemorativa e recibiu, como agasallo, unha camisola do club lucense co seu nome gravado. Tras este acto comezou o encontro que enfrontou ao CD Lugo co Deportivo de A Coruña -B O vicepresidente afirmou, tras o acto de nomeamento, que “entendemos que é obriga da Deputación das demais institucións apoiar a todas as entidades deportivas e especialmente a aquelas que representan e sempre representaron a Lugo. O Club Deportivo Lugo é, indiscutiblemente, unha destas entidades e os seus directivos saben que teñen as portas da Deputación abertas e que contan co máximo apoio do goberno que represento”. Antón Bao agradeceu, en representación da Deputación, este xesto de recoñecemento do CD Lugo de cara á entidade provincial.