Deputación de Lugo

Veciños de Guitiriz, Lugo, Guntín, Castro de Rei, Palas e Riotorto viaxan pola provincia co programa Km0

Preto de 310 persoas participarán esta semana en seis rutas coas que redescubrirán A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña Un grupo de alumnos do colexio Lagostelle de Guitiriz e outro da Asociación de Veciños As Gándaras, Albeiros e Ponte Romano percorreron hoxe o municipio ribadense e o de Sober, respectivamente

Preto de 310 veciños dos concellos de Guitiriz, Lugo, Guntín, Castro de Rei, Palas de Rei e Riotorto farán esta semana as rutas do programa Km0 da Deputación de Lugo, coas que coñecerán ou redescubrirán A Mariña, Ribeira Sacra, Terra Chá e A Montaña. Os participantes pertencen a colexios e asociacións veciñais.

As rutas programadas para a xornada de hoxe discorreron polos municipios de Ribadeo e Sober e foron demandadas polo CEIP de Lagostelle, de Guitiriz, e pola Asociación de Veciños As Gándaras, Albeiros e Ponte Romano, respectivamente. A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu ós dous colectivos no salón de actos do Pazo de San Marcos e, seguidamente, comezaron as excursión que, no caso dos escolares de Guitiriz, tivo a súa primeira parada na Fundación TIC, dependente do organismo provincial. Despois desprazáronse a Ribadeo para ver o Centro de Cultivos Mariños, dar un paseo en barco pola ría, subir no ascensor panorámico do porto deportivo de Porcillán e percorrer o casco histórico e o convento das Clarisas. A comida celebrouse no restaurante “Marinero”. Pola súa banda, o grupo da capital lucense iniciou o seu percorrido polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e continuou cunha comida no restaurante “Parada Dos” de Sober. Logo visitaron Os Chancís e fixeron parte dunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Xábrega.

Para mañá mércores hai previstas outras dúas saídas, unha a O Cebreiro, que fará a Asociación de Veciños de San Esteban da Mota, en Guntín, e outra, por Baamonde, Parga e Friol, que cubrirá o colectivo Amigos da Feira de Castro de Rei. Tras coñecelo CENTRAD, os veciños de Guntín comerán no restaurante “San Girald de Aullirac” para percorrer despois un tramo do Camiño Francés, visitar o Museo Etnográfico e a igrexa de Santa María La Real e facer a pé o camiño hasta Santa Cruz. O grupo de Castro de Rei achegarase á Fundación TIC, comerá na “Casa do Labrego” de Baamonde e visitará o museo Víctor Corral, a ponte e a igrexa de San Alberte de Parga, a Cova da Serpe e a panadería “La Esquina” de Guitiriz.

O programa desta segunda semana de abril péchase o xoves con rutas polas praias de Foz e Barreiros, e por Cervantes. A primeira foi solicitada pola Coral Polifónica de Palas de Rei e consistirá nunha visita ó centro de artesanía da Deputación, unha comida no restaurante focense “Leytón”, un paseo entre as praias focenses de Llas e A Rapadoira e polo porto de Foz e, xa en Barreiros, unha camiñada dende o areal de Altar ó de Arealonga. A segunda ruta demandouna a Asociación Medioambiental de Riotorto e comezará cun percorrido polo Mazo da Fervenza, seguida dunha comida no hostal “Piornedo”, un paseo por esta aldea de Cervantes para coñecer a súa palloza e unha visita á igrexa de Donís.