Deputación de Lugo

A Deputación recupera oficialmente TOR e salda todas as débedas herdadas dos anteriores patronos

Segundo o informe realizado, o valor da liquidación supera os 2,4 millóns de euros, dos que 2,3 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte que retornan ó organismo provincial e, o resto, ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitivaGómez Besteiro presidiu a derradeira reunión do Padroado que supón o último paso para poder extinguir definitivamente esta entidade, a pesar de que unha vez máis non asistiu o Conselleiro de Medio RuralCo acordo o organismo provincial pon fin ó despilfarro protagonizado polos anteriores Patróns e “hoxe a Fundación non ten débedas. Está todo ó día”Liquidada a Fundación, a Deputación desenvolverá o plan de viabilidade deseñado no seu momento para o Centro de TOR “para conseguir un mellor aproveitamento desta finca que é patrimonio de todos”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este martes a derradeira reunión do Padroado da Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia na que se aprobou a liquidación económica desta entidade, que lle permite ó organismo provincial extinguir definitivamente esta Fundación e recuperar oficialmente a titularidade de TOR. Neste senso, tal e como subliñou Besteiro, as 200 hectáreas nas que se sitúa o Centro que ocupa unha superficie de máis de 200 metros cadrados pasan a ser do organismo provincial.

Deste xeito, segundo o informe realizado, o valor da liquidación cífrase en 2.411.762 euros, dos que 2.343.925 corresponden ó valor patrimonial da pradera e do monte de TOR. O resto, 71.500 euros, corresponden ós gastos que asumiu a Fundación pola liquidación definitiva, que incluíu a extinción dos contratos dos 4 traballadores, que prestaban o seu servizo no Centro. A decisión, adoptada por ambas as dúas administracións, foilles comunicada por escrito ós traballadores o día 1 de abril. Neste senso, o titular provincial subliñou que “é unha boa noticia pola cal comezamos a traballar dende hai dous anos para restituir a propiedade de TOR a quen é o seu verdadeiro e único propietario que é a provincia de Lugo, a través da Deputación. Por tanto, a partir de agora se fará a escritura pública para regularizar os asentos rexistrais para que todo figure a nome do organismo provincial, de onde nunca debeu sair. Por tanto, c´est fini á Fundación TOR. A partir de aquí traballaremos para poñer en valor algo que é patrimonio de todos. Foi unha boa xestión”.

“Hoxe TOR non ten débedas”

Co acordo, co que o organismo provincial pon fin ó despilfarro protagonizado polos anteriores Patronos, de tal xeito que “hoxe TOR non ten débedas. É máis, dende que asumimos a Presidencia do Padroado, non pagamos nin unha soa dieta, quilometraxes, comida nin cafés. Ademais, pagamos todo o que se lle debía ós proveedores da zona, uns 72.000 euros. É dicir, todo está ó día”.

O pasado 15 de febreiro os dous membros do Protectorado, Deputación e Xunta de Galicia, iniciaron o proceso de liquidación para dar de baixa esta entidade no Rexistro de Fundacións. Cumprindo co regulamento de Fundacións de Interese Galego, a Deputación trasladou de xeito inmediato este acordo á administración autonómica para que tamén fose ratificado pola Consellería de Medio Rural. O 8 de marzo a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia esta ratificación, o que permitiu convocar hoxe a última e sexta reunión, que supón o último paso que quedaba para extinguir definitivamente TOR. Nesta ocasión tampouco se contou coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, de tal xeito que a do 30 de abril de 2010, foi a única vez que o responsable autonómico participou nunha xuntanza dende que o novo Padroado tomou posesión. Quenes sí participaron foron, ademais do Presidente, o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, os Deputados de Urbanismo e Gandeiría, Miguel Ángel Sotuela e José María Arias, o Secretario da Fundación, José Mourelle Cillero, e o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, Ramón Carballo.

Liquidada a Fundación, o Presidente explicou que se poderá comezar a desenvolver o plan de viabilidade que o organismo provincial deseñou no seu momento para o Centro Cinexético e Piscícola de Galicia e para conseguir un mellor aproveitamento desta finca. Neste senso, unha das actuacións máis inmediatas que se levarán a cabo será a reforestación dos terreos.

Historia da Fundación

A Deputación, gobernada polo Partido Popular, creou en 2003 esta Fundación, que estaba constituída pola Consellería de Medio Ambiente, dirixida naquel momento por José Manuel Barreiro. Supostamente, tiña como obxectivo a protección da fauna e da flora e a potenciación do medio ambiente, pero dende a chegada do actual equipo de goberno, detectouse que non só nunca cumpriu estas funcións, senón que os anteriores patronos cometeron numerosas irregularidades que foron denunciadas perante a Xustiza, e que están pendentes de estar resoltas polo Xulgado Número 2 de Lugo. Foi o caso da desaparición de fondos sen xustificar, do inicio de embargo e da tala masiva levada a cabo no pinar e no bosque. Segundo un informe pericial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Galicia os danos e prexuízos ocasionados pola tala masiva, que se levou a cabo na finca, suman 1.058.000 euros e tardarían máis de dúas décadas en rexenerarse.