Deputación de Lugo

A Deputación presta asesoramento gratuíto ós Concellos para pagar facturas pendentes con créditos ICO

Martínez avanza que a institución remitiu unha carta a todos os Alcaldes da provincia, dándolles conta da nova medida de cooperación para dotar de liquidez ás entidades locaisO Ministerio de Economía concedeu xa 19 axudas a 17 municipios do país, cancelando unha débeda de 9,5 millóns de euros e aboando 4.319 facturas a empresas e autónomosA Xunta de Goberno aprobou obras en Vilalba de 390.000 euros, quedando pendente e á espera da documentación por parte deste Concello actuacións dotadas de 420.000 euros

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, anunciou este vernes que a Deputación presta asesoramento gratuíto ós Concellos lucenses para facerse con créditos ICO. Trátase dunha liña de financiamento posta en marcha polo Ministerio de Economía e Facenda para dotar de liquidez ás administracións municipais e provinciais, ó permitirlles pagar as facturas pendentes por obras e servizos a empresas e autónomos. Martínez avanzou que a institución remitíu esta mesma semana unha carta a todos os Alcaldes da provincia, adiantándolles a nova medida de cooperación cos Concellos da institución.

O tamén Deputado de Xestión territorial explicou que tendo en conta as dificultades que se atoparon os municipios en anteriores convocatorias, o persoal do organismo provincial explicará polo miúdo a todos os Concellos interesados os requisitos que deberán cumprir ou a documentación que terán que entregar antes do 30 de novembro para optar a estas axudas. Deste xeito, a institución evítalles ter que recorrer a unha empresa exterior, aforrándolles cartos e tempo.

Segundo as bases, os municipios deberán aprobar a liquidación dos seus orzamentos xerais do ano 2010 e solicitar ó ICO a aceptación para concertar operacións de endebedamento. O importe susceptible de financiamento, xunto cos intereses estimados da operación de crédito, non poderá exceder o 25% do importe anual das entregas a conta da participación de cada entidade local nos tributos do Estado deste ano. Os municipios contarán cun prazo máximo de 3 anos para liquidar o préstamo.

O ICO aprobou xa as primeiras 19 operacións de préstamos que permitirán o pago de 4.319 facturas a autónomos e empresas de 17 entidades locais, cancelando unha débeda de 9,5 millóns de euros.

Obras en Vilalba

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de acondicionamento da LU-P-6515 ó seu paso pola área recreativa da Magdalena, en Vilalba, dotado de 390.000 euros, financiados na súa totalidade pola Deputación. É a segunda vez que esta actuación figura na Orde do Día. Na sesión do pasado 19 de agosto, o Goberno provincial viuse na obriga de deixar este asunto enriba da mesa logo de que o Concello non entregase a documentación requerida.

Trátase dunha obra incluída nos convenios do Plan Extraordinario de Obra Pública que asinou a institución co municipio chairego e outros 8 Concellos lucenses para levar a cabo novas actuacións por un valor total de 9 millón de euros (1 millón de euros por Concello) sen supoñer custe algún para as arcas municipais

A Deputación segue a ter pendente a contratación de actuacións por valor de 420.000 euros en Vilalba porque, 8 meses despois da asinatura de ditos convenios, o Alcalde vilalbés non entregou os proxectos, única obriga municipal. A diferencia, os Concellos de Monforte de Lemos, Becerreá, Burela, Foz, Sarria, A Fonsagrada, Lugo e Viveiro si o fixeron, permitindo ó organismo provincial ter adxudicadas máis do 90% do total das obras que ascende ás 70.

A este respecto, Martínez esixiu axilidade ó Rexedor chairego xa que, de non entregar os proxectos no prazo que establece o convenio ratificado por Deputación e Concello en decembro, Vilalba corre o risco de perder estas actuacións, privandos ós seus 16.000 veciños de novos servizos e bloqueando o mantemento de 40 postos de traballo que suporían a execución destas obras.

Sobre traballo

Precisamente, dentro da aposta polo emprego, a Xunta de Goberno aprobou solicitar á Consellería de Traballo a contratación de 2 axentes de emprego e desenvolvemento local, así como a prórroga doutro contrato, a través dos programa de cooperación coas entidades locais do Goberno galego. Para elo, a sesión tamén acordou achegar 128.000 euros, cantidade que lle corresponde adiantar segundo as bases destas axudas para dar traballo ás 3 personas e que deberá devolver a Xunta. Estes profesionais encargaranse da xestión da segunda parte dos proxectos europeos, dotados de 25 millóns de euros, que executará a institución na provincia.
Outros acordos

Aprobáronse 3 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais nos Concellos de Baleira e Pedrafita do Cebrerio. Están dotadas con 40.000 euros dos que a Deputación aporta 30.000 euros. As actuacións levadas a cabo foron as seguintes: acondicionamento dos cemiterios de Lastra (15.913 euros) e do Cádavo (8.000 euros), en Baleira; e arranxo do camiño e muros de peche en Veiga de Brañas, en Pedrafita do Cebreiro (16.000 euros).

Emular á Deputación

Manuel Martínez referiuse as últimas propostas realizadas pola Executivo autómico para a estensión da bancha ancha na Comunidade mediante un proxecto a desenvolver ata 2013. O voceiro esixíulle á Xunta que sexa máis ambiciosa “ou que polo menos trate de emular á Deputación” xa que, en menos dun ano, a institución provincial instalou este servizo en 33 Casas Consistorias, cunha calidade de 100 megas fronte ós 2 megas que ofrece o Goberno galego, e permitindo o seu acceso de xeito totalmente gratuíto a 145.000 veciños. A diferenza, a Xunta pretenden habilitar a conexión e que os cidadáns paguen polo servizo.