Deputación de Lugo

Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 75 emerxencias dende a súa posta en marcha

Segundo o último informe de actuación, ditos complexos incrementan cada mes a súa actividade, sumando 30 intervencións en xullo, 25 en xuño e 20 en maioO pasado mes, os 66 profesionais destes parques actuaron en 12 Concellos do norte da provincia, acadando un tempo medio de resposta de 10 minutos e un de intervención de 50Besteiro fixou como novo reto acadar a cobertura no 100% da provincia logo de lograr o 90% co Consorcio Provincial de Bombeiros que, en 2008, crearon Deputación e Xunta

Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba incrementan cada mes a súa actividade, acumulando 75 intervencións nos 25 Concellos do norte da provincia ós que prestan servizo dende o pasado 1 de maio, data da súa posta en marcha. Son datos do último informe de actuación de ditas instalacións contraincendios, impulsadas polo Consorcio Provincial de Bombeiros que integran, dende a súa formación en 2008, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

Con 30 intervencións, xullo rexistrou a maior actividade, seguido de xuño con 25 actuacións e maio con 20. O pasado mes, os 66 profesionais contratados para traballar en ditos complexos atenderon 17 incendios (forestais, vivendas, naves, vehículos e ata recipientes de lixo) e 3 fugas de gas ou auga; acometeron 5 excarcelacións e 2 rescates de persoas; ademais de realizar 3 actuacións de prevención tales como limpeza de estradas.

Este traballo levouse a cabo en 12 Concellos: Barreiros (2), Foz (5), Burela (1) Mondoñedo (3), Vilalba (4), Xermade (2), Cospeito (1), Guitiriz (1), Begonte (2), Viveiro (6), Xove (1), Cervo (2) e 1 fóra do ámbito de actuación, é dicir, en ningún dos 25 Concellos do norte da provincia. É e que os parques teñen un ámbito territorial asignado, pero os seus profesionais e equipamentos poden actuar fóra del se fose necesario, tanto a nivel comarcal, como provincial ou mesmo autonómico.

A maiores, o informe de actuación tamén reflexa que o tempo medio transcorrido entre a chamada de emerxencia e a chegada ó incidente foi de 10 minutos, mentres o de intervención ascendeu ós 50 minutos.

Compromiso de Besteiro

Mentres a cobertura contraincendios no norte da provincia é do 100%, esta porcentaxe redúcese ó 90% na totalidade da provincia. É por iso, que un dos retos da Deputación, tal e como avanzou o Presidente -José Ramón Gómez Besteiro- no seu discurso de investidura, é que os 67 Concellos lucense conten con este servizo. Ata o momento, esta institución logrou que Lugo deixase de ser a única provincia galega sen cobertura contraincendios. Para elo, en 2008, impulsou xunto ó anterior Goberno galego o Consorcio Provincial de Bombeiros, un organismo asumido ó 50% por ambas as dúas administracións, que puxo en marchas os complexos de Barreiros, Vilalba, Viveiro, Chantada e Sarria, prestando cobertura ó mencionado 90% dos Concellos de Lugo.