Deputación de Lugo

Izquierdo reafirma 'o noso compromiso medioambiental' na presentación do Curso de Saúde Ambiental

É a pioneira iniciativa en España que contribúe ó desenvolvemento sostible das economías locais coa que volta a colaborar a institución dentro da aposta polo medioambienteA Deputada salienta que este Curso é unha nova oportunidade para Sarria, escenario do mesmo onde, a maiores desta xornada, o organismo provincial investiu 5 millóns de eurosTécnicos da institución arrancarán o 19 de setembro a formación que impartirán 23 recoñecidos profesionais ata o día 22, engadíndose ás 4 mesas redondas e visitas prácticasHai 60 prazas para parados, estudantes, asociacións e traballadores das administracións. A solicitude, a 30 euros, está aberta no 982-53-50-50 ou en medioambiente@sarria.es

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles Izquierdo, presentou este xoves o XLVIII Curso de Saúde Ambiental que acollerá Sarria dende o 19 ó 22 de setembro. É a xornada enmarcada no Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles que busca contribuír ó desenvolvemento sostibles das economías locais. Izquierdo salientou que a institución patrocina esta iniciativa dende 2007, data na que “reorientamos as políticas de actuación, conscientes de que o progreso da provincia non pasaba só por facer estradas senón por garantir o acceso ás novas tecnoloxías, favorecer a creación de emprego e poñer en valor o 55% do territorio declarado pola UNESCO como Reserva da Biosfera”. A Deputada incidiu en que “unha das principais teimas da Deputación segue a ser a transformación deste patrimonio natural nunha fonte xeradora de riqueza para a provincia co fin de crear novos postos de traballo e combater o despoboamento demográfico que está a padecer o rural”.

No acto, no que tamén participou o director deste congreso, o profesor Francisco Peña, a responsable da área de Medio Ambiente e Enerxías Renovable salientou que, a maiores das colaboracións que realiza o organismo provincia para potenciar cursos coma o que hoxe se presentou, a aposta polo medioambiente, “a nosa oportunidade económica”, exemplifícase con Lug02. “A Unión Europea voltou a depositar a confianza en nós, concedéndonos novos fondos cos que poñeremos en marcha a segunda parte deste proxecto dotado de 6,5 millóns de euros”. Neste senso, Izquierdo adiantou que mentres a primeira parte se limitou a facer rendibles as Reservas da Biosfera por esixencia comunitaria, a nova fase estenderase por toda a provincia, incrementando as medidas de promoción dos produtos autóctonos, a agricultura e a gandeiría ecolóxica ou o aforro enerxético nos Concellos.

Entres as iniciativas postas en marcha na 1º fase atópanse: formación ós gandeiros para facer rendibles as explotacións, as primeiras 18 bolsas de traballo mediaoambientais para recén titulados con prácticas remuneradas nas empresas máis punteiras no sector de Europa e Lugo, ou o programa Km0 que mantivo 3.000 postos de traballo.

Sarria o seu escenario

A Deputada fixo fincapé no feito de que Sarria sexa nesta ocasión o seu escenario, sendo a 11º vez que a provincia lucense acolle esta pioneira iniciativa en España que xa é un referente ambiental en Galicia logo da súa celebración en 47 capitais de comarca e cidades galegas. Ó respecto, Izquierdo subliñou que “este Curso é unha nova oportunidade para Sarria. Por iso, non dubidamos nin un intre no seu impulso, conscientes dos beneficios para os 13.400 sarrianos cos que o noso compromiso exemplifícase ademais, a través dos máis de 5 millóns de euros que achegamos a este Concello para mellorar as súas estradas, a implantación da administración electrónica ou a dotación de instalacións deportivas como o campo de fútbol de herba artificial e o inicio das obras da piscina cuberta”.

A xornada do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles celebrouse cronoloxicamente en: municipios e comarcas de Padrón, Ponteareas, O Carballiño, Carballo, Vilagarcía de Arousa Monforte de Lemos, A Estrada, Caldas de Reis, Noia , Pontevedra, Narón, Viveiro, Ribeira, Ourense, Lugo (entidade local), Pontedeume, O Barco, Vigo, Vilalba, Silleda, Verín, Betanzos, Ribadeo, Ribadavia, Cangas, Arteixo, Chantada, Allariz, Cambados, Lalín, Celanova, Burela, Santiago de Compostela, Ordes, Xinzo de Limia, Lugo (ámbito provincial), A Coruña, Guitiriz, Castro Caldelas, Ferrol, Ponteareas, Foz, Ourense, Ortigueira, Baiona, Cospeito e Ourense (ámbito provincial), para agora chegar a Sarria.

Programación

O Curso de Saúde Ambiental está composto por 4 mesas redondas: A xestión sostible dos recursos naturais como factor do desenvolvemento socioeconómico e de benestar social na provincia de Lugo ; a xestión das augas na provincia de Lugo; a xestión dos residuos, o seu reciclaxe, reemprego e valorización; o eixo Lugo- Sarria- Monforte no camiño cara a sostibilidade. Ademais, inclúe visitas prácticas a Cementos Cosmos, Fontecelta, roteiro por Foz das Aceas, ETAP e EDAR municipais de Sarria, planta de transferencia de residuos urbanos e punto limpo, tamén no municipio sarriano.

Participarán 23 poñentes de recoñecido prestixio, procendentes da USC, UV E UPM, así como altos cargos, técnicos das administracións, xestores de entidades e empresas relevantes en Galicia. Precisamente, o día do seu inicio, o 19 de setembro, serán profesionais da Deputación de Lugo quenes arrinquen as xornadas formativas, dando a coñecer as medidas desenvoltas pola institución para xerar riqueza mediante o medioambiente.

Prazas e inscrición

A xornada está dirixida a estudantes universitarios e dos ciclos educativos de formación profesional de carácter ambiental, funcionario e responsables políticos dos Concellos participantes (O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Portomarín, Samos, Triacastela, Lugo e Monforte de Lemos), representantes de asociacións sen ánimo de lucro e parados. Ofértanse 60 prazas que xa se poden solicitar no 982-53-50-50 ou en medioambiente@sarria.es e omix@sarria.es. A cota de inscrición é de 30 euros.

O Curso conta co respaldo da Sociedade Española de Sanidade Ambiental e da Asociación Española de Ciencias Administrativas. Ademais, está en proceso de tramitación para lograr que a USC conceda de 1 crédito de libre configuración. Os seus participantes recibirán a publicación do Libro de Relatorios e un diploma.