Deputación de Lugo

A Deputación inviste 2,5 millóns de euros na construción do polígono de Paradela, aforrando este custe ó Concello

Presidente e Alcalde supervisaron o movemento de terras dos 47.000 m2 desta área industrial que avanza a moi bo ritmo, permitindo que nos vindeiros días se inicien os traballos de apertura de viais, dotación de servizos básicos e pavimentaciónA institución mellorará ademais, os accesos ó polígono dende a estrada provincial que comunica Pacios e Escairón e dende o vial municipal que leva ó campo de fútbol do ConcelloBesteiro salienta que “en 3 meses remataremos estas obras e as 5 empresas que amosaron o seu interese ó Concello poderán asentarse. As axudas do Goberno de España permítenos rebaixar este solo industrial, situando o prezo por metro cadrado nos 27,5 euros”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, supervisaron este mércores as obras de construción do novo polígono de dito municipio. A institución provincial executa estes traballos, achegando para elo 2,5 millóns de euros, cantidade que asume en solitario, permitindo aforrar este custe ás arcas municipais.

Gómez Besteiro salientou que “en 3 meses remataremos estas actuacións e as 5 empresas que ata o momento amosaron o seu interese ó Concello poderán asentarse. As axudas do Goberno de España que recibimos permítennos rebaixar o solo industrial en Paradela, situando o prezo por metro cadrados nos 27,5 euros. É un prezo a custe cero para a Deputación como ten que ser porque nós non buscamos beneficios senón que a nosa teima é a creación e a creación de emprego. Se agotamos as parcelas iniciaremos a 2º fase e ampliaremos esta área industrial. Pola súa banda, o Alcalde agracedeu “o esforzo inversor” do organismo provincial e subliñou que “estase a cumprir unha ansia dos veciños de Paradela. Hoxe por fin vemos que o polígono é unha realidade neste municipio”.

As máquinas están agora a realizar o movemento de terras dos 47.000 metros cadrados nos que se estende a nova área industrial. O bo ritmo na execución deste traballos permitirán que xa a semana que vén se inicie a apertura dos viais para, posteriormente, levar a cabo as tarefas de dotación de servizos básicos tales como agua e luz, saneamento e pavimentación.

A maiores da construción do polígono, a Deputación, a través da Sociedade Urbanística Provincial –SUPLUSA-, tamén mellorará os accesos á dita área industrial. Concretamente, actuará na estrada provincial que comunica Pacios e Escairón e na vía municipal que dá acceso ó campo de fútbol deste Concello. A Deputación, que iniciou as obras esta mesma semana, prevé finalizar a totalidade das actuacións nun tempo récord de 3 meses, favorecendo xa en decembro o asentamento de novas empresas e a creación de novos postos de traballo en Paradela.

27,5 euros o metros cadrado

Precisamente, tendo en conta que hoxe para moitas entidades é practicamente imposible adquirir solo industrial debido ós altos prezos que fixan administracións como a Xunta, a institución provincial ofrece un prezo moito máis económico e competitivo, logrando que os polígonos que executa sexan un 67% máis baratos cos do Goberno galego. Para elo, concurriu a plans como o Reindus 2011 do Ministerio de Industria adicadas á reindustrialización e modernización do proceso, logrando 300.000 euros. Desta cantidade, adica 150.000 euros ó abaratamento do novo solo industrial de Paradela, situando o prezo por metro cadrado en 27,5 euros.

Outra das facilidades que ofrece a Deputación ós empresários, é a posibilidade de efectuar o pago das parcelas nun prazo máximo de 5 anos fronte ós 3 anunciados pola Xunta. No caso de que nese tempo, os compradores non paguen a parte correspondente, eliminánse as cláusulas de penalización, devólveselle á empresa a cantidade aportada e a institución provincial recupera a titularidade da propiedade.

Aposta pola creación de solo industrial

Dende 2008 a Deputación executou 8 polígonos que suman máis de 1 millón de metros cadrados, superando os 15 millóns de euros de investimento. Neste momento, están a piques de finalizar as obras dos de Chantada e Castroverde mentres seguen en marcha as de Riotorto e A Fonsagrada. Están listas as novas áreas industriais de Begonte, Baleira, Ourol e Friol. A maiores, o Pleno provincial aprobou onte os Plan Especiais para a creación de novo solo industrial en Triacastela e Trabada. No caso de que a Xunta de o seu visto e prace a estes proxectos, a institución executará tamén estes dous novos polígonos na provincia.