Deputación de Lugo

Deputación e Concello rematan as obras da residencia para a terceira idade de Monterroso

A Xunta de Goberno aprobou adiantar 120.000 euros para aboar o pago das derradeiras actuacións que consistiron na construción da segunda pranta do centro para maioresO Goberno galego retrasa a posta en marcha desta infraestrutura, que oferta 26 prazas e dará traballo directo a 14 persoas, ó negarse a dotala de mobiliarioA Deputación remata a contratación de 26 obras en Viveiro por valor de 1 millón de euros que supuxeron a mellora de servizos municipais e o mantemento de 106 empregosMartínez anuncia que nos vindeiros días iniciaranse as actuacións de mellora na vía que une Ruanova e Muras por Sixto, enlazando Viveiro e Ourol, incluídas no POS 2011

As obras de mellora da estrada que une Ruanova e Muras por Sixto, enlazando os Concellos de Viveiro e Ourol. Para elo, a Xunta de Goberno aprobou o plan de seguridade e saúde no traballo que é o último trámite pendente para poder iniciar estas actuacións, enmarcadas no POS 2011. Contan cun investimento de 271.280 euros,

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que Deputación e Concello de Monterroso veñen de rematar as obras da residencia para a terceira idade en dito municipio da Ulloa. Por este motivo, a Xunta de Goberno aprobou hoxe adiantar a concesión de 120.000 euros ó Concello para aboar o pago das derradeiras actuacións que consistiron na construción da segunda pranta do complexo.

A infraestrutura resultante, que oferta 26 prazas residencias, está situada na rúa Mestre López Losada onde tamén se atopa o centro de día deste municipio que presta servizo a 20 persoas. Deste xeito, tal e como se comprometeu a facer o Alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, este céntrico espazo queda adicado ós servizos sociais, en beneficio dos maiores deste municipio que representan o 30% da súa poboación total.

O Concello iniciou as obras da residencia en 2010 grazas a unha subvención que recibiu do Plan E do actual Goberno Central en funcións, dotada de 442.000 euros. A Deputación fixo posible o seu remate, achegando esta axuda de 120.000 euros.

Negativa da Xunta

A posta en marcha do centro para maiores público, que será xestionado polo Concello e que dará traballo directo a 14 persoas, está pendente da adquisición do mobiliario necesario. Para elo, o Alcalde solicitou á Xunta unha subvención de 100.000 euros que lle foi denegada malia ser esta a administración galega competencias directas en Benestar Social. O Goberno galego está a retrasar ademais, a posta en marcha das outras 12 residencias con centro de día que constrúe a Deputación en Concello lucenses de todas as cores políticas ó non cumprir co compromiso adquirido antes das eleccións municipais e concertar prazas ó igual que está a facer con centros privados. Martínez destacou que “unha vez máis, a Xunta non concede nin un euro para Monterroso nin un euro para Lugo. Esta é a resposta que recibimos do Goberno galego dende hai máis de 2 anos todos os Concellos gobernados polo PSOE. Si colaboran con centros privados pero non cos públicos. Ademais, faltan á palabra dada nos pasados comicios polo que enganan ós veciños”.

Tal e como reflexa o Orzamento para 2012 aprobado polo Pleno esta mesma semana, a institución provincial ten a súa plena disposición máis de 15 millóns de euros para as residencias da Fonsagrada, Meira, Riotorto, Trabada, Guitiriz, Castroverde, Ribas do Sil, O Saviñao, Pol, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, Pobra do Brollón, así como para o remate das de Monterroso e o proxecto técnico das de Becerreá.

Plan Extraordinario en Viveiro

Martínez adiantou que a Deputación finalizou a contratación das obras do Plan Extraordinario de Obra Pública en Viveiro. A Xunta de Goberno acordou investir 82.059 euros na ampliación da rede de abastecemento no lugar de Riquián mediante a construción dun novo depósito de auga. Con esta actuación, a institución provincial e o Concello viveirense logran que a totalidade dos núcleos rurais de Escourido, composta por máis de 100 habitantes, teñan este servizo.

En total, en Viveiro e mediante este Plan, a institución provincial adxudicou e financiou na súa totalidade 26 obras, aforrando 1 millón de euros ás arcas municipais e mantendo 106 postos de emprego. Todas as actuacións consistiron na mellora de servizos estrictamente municipais demandados polos veciños. Para elo, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde, Melchor Roel, asinaban un convenio no que se daba conta das necesidade destes traballos.

As obras contratadas foron as seguintes: saneado da fonte de Castelo-Faro (10.000 euros); saneado da cuberta da escola de Faro (10.000 euros); saneado e mellora dos parques infantiles municipales (30.000 euros); saneado da cuberta do teatro Pastor Díaz (35.000 euros); asfaltado da pista municipal en Area-Viveiro (14.012 euros); dotación de servizo de abastecemento na rúa Benito Galcerán (31.473 euros); rexeneración da praza de San Lázaro (10.000 euros); reposición do firme no vial municipal en San Andrés de Boimente (14.000 euros); mellora do conservatorio municipal de música (20.000 euros); pintado exterior de escola de Viveiro (9.000 euros); pintado exterior da escola de Xunqueira (5.000 euros); ampliación da rede de saneamento en O Brieiro-Viveiro (11.883 euros); ampliación da rede de saneamento e abastecemento no Camiño de Cariacedo-Viveiro (22.518 euros); dotación de equipamento deportivo para o campo de fútbol de Cantarrana (57.583 euros); dotación de equipamento deportivo para o campo de fútbol de Celeiro (54.416 euros); dotación de equipamento Biblioteca Municipal (64.000 euros); dotación de servizos de saneamento e abastecemento en Casería e Pallaregas (61.632 euros); dotación de servizos de saneamento en Granxas e Trasporta (157.420 euros); construción de depósito de agua para ampliación da rede de abastecemento ó lugar de Riquián (82.059 euros); urbanización Paraíso (120.000 euros); convenio con FEVE para ó arranxo da Ponte de Verxeles (100.000 euros); reposición de firme en viales municipais I (36.445 euros); resposición de firme en viales municipais II (33.554 euros); pavimentación, rede eléctrica e pluviais en Covas-Viveiro (42.527 euros); acondicionamento do contorno da Ponte de Verxeles (10.000 euros); e mellora das beirarrúas do contorno do convento de San Francisco (9.222 euros).

Pos 2011

O tamén Deputado de Xestión Territorial destacou que a Deputación iniciará nos vindeiros días as obras de mellora da estrada que une Ruanova e Muras por Sixto, enlazando os Concellos de Viveiro e Ourol. Para elo, a Xunta de Goberno aprobou o plan de seguridade e saúde no traballo que é o último trámite pendente para poder iniciar estas actuacións, enmarcadas no POS 2011. Contan cun investimento de 271.280 euros, financiados ó 50% pola institución provincial e o Ministerio de Administracións Públicas. O prazo de execución destes traballos, que consisten na pavimentación con aglomerado e mellora da sinalización e balizamento, é de 1 mes e medio.

180.000 euros

A sesión aprobou ademais, adiantar a concesión de 180.000 euros ó Concello de Viveiro ante a próxima adxudicación do contrato de adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbáns nos vindeiros días. Este municipio está a substituir ós contenedores superficiais polos soterrados, iniciando estes traballos nas rúas Nicolás Cora Montenegro e Juan Donapetry, e facendo necesario equipamento especializado.