Deputación de Lugo

As achegas de Deputación e Concello de Lugo permiten duplicar a participación no Día do Veciño, acadando 3.000 persoas

Ambas as dúas institucións apoian á Federación de Asociacións de Veciños na celebración desta festividade na que honra ós seus membros pola labor de dinamización da provinciaA de Lugo é a federación veciñal máis grande de Galicia xa que, con 121 asociacións, supera a suma de colectivos que integran ás das restantes 6 cidades de Galicia Besteiro participa na cita e fai entrega de 10 lotes de degustación de produtos Lugo-Sabe, a marca de garantía de calidade da Deputación, ademais dunha das 25 V de Veciño

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto a outras 40 autoridades, participou este domingo no Día do Veciño. Trátase da festividade que organiza na capital a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa Deputación e o Concello lugués co obxectivo de reunir, unha vez ó ano, ós seus socios. É unha homenaxe a todos aqueles lucenses que están a desempeñar un destacado papel en prol da dinamización e promoción da provincia, mediante as múltiples actividades que organizan ó ano.

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo é xa o colectivo veciñal máis grande de Galicia xa que, con 121 asociacións, supera a suma das que integran as federacións de veciños das restantes 6 cidades galegas. O seu número vai en incremento ano tras ano, contando con 12 colectivos máis que en 2010.

Este aumento facía imprescindible unha maior colaboración por parte das administracións para facer posible, por 5º ano consecutivo, a celebración do Día do Veciño. É por elo que, baixo a premisa de que fronte á austeridade debe primar o gasto xusto e útil, a Deputación adicou 15.000 euros, sendo esta a maior achega recibida para a festividade. A colaboración tamén chegou dende o departamento de Cultura do organismo provincial e o Concello de Lugo, institucións que facilitaron o espazo necesario. A suma de esforzos entre administracións e Federación de Asociacións de Veciños de Lugo fixo posible duplicar a participación nesta homenaxe con respecto ó ano pasado, acadando as 3.000 persoas.

Promoción de produtos autóctonos

Dende as 9:00 horas da mañá, 100 persoas prepararon un xantar composto por churrasco, chourizo e empanada. A institución provincial non quixo perder esta oportunidade para seguir promocionando os produtos autóctonos. Por iso, cedeu para o sorteo 10 lotes de degustación de produtos Lugo-Sabe, a marca de garantía de auténtica calidade da Deputación, tales como pementos de Mougán, auga ardente de Portomarín, viño da Ribeira Sacra, queixos da Ulloa e San Simón ou butelo da Fonsagrada, entre outros. Gómez Besteiro foi o encargado de repartir estes agasallos ós gañadores. Tamén o Presidente fixo entrega dunha das 25 V de Veciños, os premios que recoñecen o labor das asociacións veciñais.