Deputación de Lugo

COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE LUGO SOBRE AS TRABALLADORAS DO SERVIZO DE LIMPEZA DO SAN RAFAEL

Imaxe deputación de lugo

Ante a concentración diante do Pazo de San Marcos das traballadoras da limpeza do psiquiátrico San Rafael de Castro, transferido pola Deputación á Xunta de Galicia, o organismo provincial quere manifestar o seguinte:

1º Coa transferencia dos hospitais á Xunta de Galicia, os 10 empregados públicos non sanitarios do psiquiátrico San Rafael (personal administrativo, de mantemento e subalterno) pasaron a traballar, dende o 1 de xaneiro de 2011, nas dependencias do Pazo de San Marcos, mentres que os empregados públicos sanitarios foron transferidos ao SERGAS.

2º En canto ós traballadores das empresas subcontratadas, como é o caso da de limpeza ou as de subministros sanitarios, comestibles, lácteos etc., en ningún momento foron empregados públicos da Deputación e esta institución non ten ningunha responsabilidade sobre a súa situación laboral, unha vez que se extinguiron os contratos con ditas firmas tras completarse o traslado do SERGAS.

3º Esta situación foille comunicada persoalmente ás traballadoras do servizo de limpeza e ós seus representantes sindicais en tres reunións que mantiveron coa Deputación. Por outra banda, o organismo provincial tamén lle trasladou a situación ó director provincial do SERGAS durante unha reunión que tivo lugar hoxe.