Deputación de Lugo

74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen o labor dos bombeiros do Consorcio Provincial

O organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia responde así á petición do centro escolar de formar ós rapaces en prevención de riscosOutros 184 mozos de Viveiro, Cervo e Sarria farano nos vindeiros días logo de que os seus colexios e IES se puxesen en contacto cos complexos máis próximos á súa localidade

74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria visitan estes días as instalacións contraincendios que o Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo xestionado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, levou a dito Concello. Os 25 primeiros, cativos de 3 anos, fixéronno hoxe, acompañados polos seus titutores, así como polo Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, e a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia, Marta Barreiro Castro. Mañá, farono outros tantos nenos, neste caso de 4 anos e, o vindeiro mércores, 25 cativos de 5 anos, todos eles de dito centro educativo sarriano.

O Consorcio Provincial resposta, deste xeito, á petición realizada polo colexio para formar ós rapaces, dende temperá idade, en materia de prevención de incendios, dándolles conta das pautas a seguir antes posibles emerxencias que acontezan en calquer escenario, así como sensibilizándoos coa responsabilidade destes profesionais e a importancia do seu labor.

Ata o momento, e sen ter en conta estas novas visitas, 480 nenos da provincia xa tiveron a oportunidade de participar nun simulacro, ademais de coñecer o modus operandi dos máis de 100 profesionais dos complexos de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria, instalacións que, ata a vindeira integración das de Monforte de Lemos, forman parte do Consorcio. Estes foron os alumnos dos seguintes centros: CEIP número 1 de Cervo (50 cativos), CEIP Juan Rey de Lourenzá (123 cativos), CEIP San Miguel de Barreiros (60 cativos), CEIP Caselles Rollán de Xove (43 cativos) e CEIP Covas de Viveiro (204 cativos).

Da mesma forma, xa se puxeron en contacto cos propios complexos outros colexios, concretamente o CEIP Díaz Freijo (Viveiro), o IES Marqués de Sargadelos (Cervo), así como a Escola de Educación Infantil de Sarria, para que, nos vindeiros días, outros 184 nenos se beneficien desta actividades didáctica. En total, o Consorcio recibiu 9 solicitudes para máis de 700 rapaces da provincia.