Deputación de Lugo

O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

Así o reflicten os informes de actuación dos parques do Consorcio: dos 98 lumes atendidos no que vai de ano, 69 foron en vivendas por cortocirtuitos e combustións en ditos aparellos ou espazosAvanza a comarcalización do complexo de Monforte coa posta en marcha do proceso de contratación dun vehículo de 290.000 euros e a formación de máis de 20 novos profesionais28 alumnos do IES Marqués de Sargadelos visitaron nas instalacións de Barreiros, facendo que un total de 636 cativos coñezan o servizo do Consorcio na provincia mediante actividades didácticas

Os parques de bombeiros do Consorcio Provincial, organismo asumido ó 50% por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, atenderon un total de 143 emerxencias no que vai de ano, segundo reflicten os informes de actuación das instalacións contraincendios de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria e Chantada. Destas, 98 corresponden a incendios acontencidos, no 70% dos casos, concretamente en 69, en vivendas. As principais causas son, tal e como manteñen os propios profesionais, cortocircuitos provocados polo emprego de mantas eléctricas durante as noites ou de enchufes múltiples con baixa capacidade ós que se conectan varios aparellos, así como pola combustión xerada nas campás estractoras debido a acumulación de grasa nos filtros ou nas chemineas tamén mal limpas.

Os outros lumes sofocados durante xaneiro, febreiro e marzo foron os de mobiliario urbano (12 casos), vehículos (9 casos) e montes (8 casos). Nestes últimos, os 100 profesionais que integran ditas instalacións luguesas interveñen en apoio ás brigadas especializadas co fin de protexer persoas e vivendas. Nos últimos meses, colaboraron en incendios forestais sucedidos Guitiriz, O Saviñao, Guntín e Sarria, así como fóra do ámbito de actuación dos parques.

As restantes intervencións realizadas este ano foron as seguintes: 13 rescates de persoas, 11 excarcelacións, 8 fugas de gas ou auga e 13 actuacións de prevención, tales como limpeza de estradas.

Incorporación do parque de Monforte

Por outra banda, o Consorcio Provincial segue a avanzar na integración do parque de Monforte. O organismo está inmerso no proceso de contratación dun camión BUL, dotado de 290.000 euros, para as instalacións da cidade do Cabe. O Boletín Oficial da Provincia fixo público nos pasados días este concurso para que todas as empresas interesadas presenten as súas ofertas. Proximamente, iniciarase a adxudicación de máis equipamento co obxectivo de que este complexo teña os mesmos medios cos outros 5 parques. Para elo, no Orzamento do Consorcio para 2012 hai outros 210.000 euros. Da mesma forma, ante a vindeira comarcalización do parque monfortino, 4 millóns de euros do presuposto do organismo para este ano son tanto para a xestión deste servizo tanto no complexo de Monforte, como nos de Viveiro, Vilalba, Barreiros, Chantada e Sarria. Ademais, os máis de 20 profesionais que contratará o Consorcio para as instalacións da cidade do Cabe están a recibir formación na Academia Galega de Seguridade Pública, situada no Concello da Estrada. Son máis de 300 hora lectivas, o 60% prácticas, que rematarán en maio.

Visitas didácticas ós parques

O Deputado de Econonomía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, e o Xefe do Servizo de Emerxencias e Interior, Javier Vales, acompañaron hoxe ós 28 alumnos do IES Marqués de Sargadelos, en Cervo, durante a visita que realizaron ó parque de bombeiros de Barreiros. É a última actividade didáctica que ofrece o Consorcio a cativos da provincia en resposta ós seus centros educativos e co obxectivo de que coñezan o servizo que prestan na provincia, así como as pautas de conduta básicas a seguir ante posibles emerxencias. Para elo, estes profesionais realizan, tanto nos colexios como nos complexos, demostracións e simulacros nos que, ata o momento, participaron 636 nenos lugueses. Estes foron, xunto ós de hoxe, os 60 alumnos do CEIP San Miguel (Barreiros); 204 do CEIP Covas (Viveiro); 48 do CEIP de Cervo Nº1; 123 do CEIP Juan Rey (Lourenzá); 56 da Escola de Educación Infantil de Sarria; 74 do Nuestra Señora de la Asunción (Sarria); e 43 do CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove).