Deputación de Lugo

A Gala Lvcvs Moda sitúa de novo a Lugo como capital galega do deseño e a artesanía garantindo o pulo económico do sector

Imaxe deputación de lugo
Unhas 600 persoas abarrotaron o Círculo das Artes lucense con motivo do certame, no que coñeceron en primicia a colección outono-inverno 2012-2013 de Kina Fernández, e as creacións de 30 firmas lucenses de deseño, artesanía e perruquerías con experiencia en pasarela O presentador Liborio García conduciu a velada, na que se desvelaron os nomes das tres gañadoras do I Concurso de Novos Deseñadores da provincia: Verónica Marí Granda, que levou o primeiro premio; Gloria López Santomé, que acadou o segundo; e Silvia Sánchez Corral, o terceiroA colaboración dun centenar de profesionais e de ducias de negocios da cidade fixeron posible o desfile, que Deputación e Concello de Lugo decidiron reeditar este ano pola petición insistente do sector, dados os importantes beneficios económicos e de promoción que lles reporta

Lugo converteuse por terceiro ano consecutivo na capital galega do deseño e a artesanía grazas á Gala Lvcvs Moda, garantindo o pulo económico do sector. Unhas 600 persoas abarrotaron o Círculo das Artes con motivo do desfile, no que coñeceron en primicia catro traxes da colección outono-inverno 2012-2013 da deseñadora galega Kina Fernández, e as creacións e talento de 30 firmas lucenses de deseño, artesanía e perruquerías con experiencia en pasarela. O certame lucense, organizado por Deputación e Concello de Lugo, foi o primeiro lugar no que puido verse a colección de Kina Fernández, que participou de maneira totalmente desinteresada, despois de presentala na pasada Madrid Fashion Week.

O presentador lucense Liborio García conduciu a velada, dedicada esta edición ó 10º aniversario de Terras do Miño como Reserva da Biosfera. Unha das moitas sorpresas da noite foi o anuncio dos nomes das tres gañadoras do I Concurso de Novos Deseñadores da provincia, convocado pola Deputación para reforzar a gala, fomentar os novos valores lucenses da moda e favorecer o emprego xuvenil. Trátase de Verónica Marí Granda, de Lugo, que levou o primeiro premio, dotado con 500 euros, pola colección Boluxo: Vida-Muerte-Vida; a vilalbesa Gloria López Santomé, que acadou o segundo galardón, de 300 euros, con Lucus Amoenus; e Silvia Sánchez Corral, de Lugo, que recibiu o terceiro, de 200 euros, con No quemes lo que más quieres. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o Alcalde lucense, José Clemente López Orozco; e Kina Fernández, madriña desta terceira Gala Lvcvs Moda, foron os encargados de entregarlles os premios ás galardoadas, que ademais tiveron a oportunidade de presentar no desfile as propostas que levaron a concurso.

Aumento constatado da demanda

A colaboración dun centenar de profesionais e de ducias de negocios da rama comercial e hostaleira da cidade fixeron posible o certame, que organismo provincial e Concello decidiron reeditar única e exclusivamente pola petición insistente do sector, dados os importantes beneficios económicos e de promoción que lles reporta. De feito, como exemplo deste revulsivo, algúns dos creadores participantes recoñecen que, a raíz da Gala, tiveron que contratar a máis traballadores dado o aumento da demanda ou que venderon o 100% da colección.

Xunto ó Presidente provincial e ó Alcalde, acudiron representantes dos sectores directamente beneficiados economicamente pola celebración do evento. Deste xeito, tiñan confirmada a asistencia o presidente da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez-Torrón; un representante da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL); o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real; a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo; Nora Real; e a presidenta da Asociación de Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela; ademais do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o vicerreitor do Campus lucense da USC, Pedro García Herradón; a presidenta de ASPNAIS, Conchita Teijeiro; a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Marina Cillero; e a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro. Asistiron así mesmo representantes dos grupos políticos provinciais e da corporación municipal de Lugo.

A Gala Lvcvs Moda estivo repleta de referencias á riqueza medioambiental da provincia, en canto que foi unha homenaxe ó 10º aniversario de Terras do Miño, un fío condutor no que se mesturaron tamén poemas de Federico García Lorca.

Ampla cobertura mediática grazas á TIC

O evento contou cunha ampla cobertura mediática, tanto nacional, como internacional, grazas ó traballo dos alumnos de Produción e Realización Audiovisual da Fundación TIC, que foron os encargados de gravar todo o que aconteceu sobre a pasarela e fóra dela, convertendo esta Gala nun escaparate perfecto para a promoción da moda feita na provincia. A ampla cobertura mediática está garantida pola asistencia de numerosos medios e tamén bloggers especializados en moda, como é o caso de dreamingofclothes.com e theulifestyle.com, dous dos que contan con máis seguidores neste ámbito.

Para potenciar ese impacto de difusión e económico, a Deputación, por vez primeira, editou e distribuíu entre os asistentes un díptico con toda a información necesaria para adquirir as creacións dos deseñadores e artesáns presentes na pasarela de moda, así como os servizos das perruquerías. Todos os asistentes recibiron así mesmo un agasallo das firmas colaboradoras.

As propostas dos deseñadores

A colección que Kina Fernández presentou en primicia no gran certame da moda lucense destaca polo seu estilo desestruturado e chic, un look desenfadado e cómodo, no que se exploran e mesturan volumes sen medo, e sen perder de vista o estilo sofisticado que caracteriza as coleccións da creadora galega. Tecidos técnicos contrastan cos clásicos, e, en canto ás cores, destaca o negro combinado co cru e os grises. O fucsia rompe a harmonía desa neutralidade, e unha gama de marróns, topos, whisky, ocres e un lavado vermello ladrillo pechan a paleta cromática.

En canto respecta ós 5 deseñadores lucenses:

Manuel Bolaño mostrou ó público lucense a súa proposta para outono-inverno 2012-2013, que levou á última 080 Bcn Fashion e bautizou como Un millón de promesas, un millón de cicatrices. Patróns clásicos únense con outros desestruturados para compoñer unha colección inspirada na década dos 30 e os 40. Cinturas cinguidas suavemente, hot pants e vestidos e faldas polos xeonllos combínanse con chaquetas de estilo moteiro, camisas de patchwork e chaquetas cheas de plumas. As raias apoderáronse da pasarela, tinguidas en gris e branco, así como en tons fríos con destellos dourados.

Sara Lage e Maru Calderón presentaron a colección de primavera-verán 2012, á que denominan Rouge Carmine. Está inspirada na feminidade, no xogo de tecidos barrocos con liñas simples, combinados con tules que evocan ás bailarinas de ballet. As cores abarcan dende tons cálidos, como nudes, rosa bebé, salmón e framboesa, xunto ós verdes menta, turquesas e azuis.

Montse Arias mostrou unha colección inspirada nos anos 40, nas tendencias de despois da Segunda Guerra Mundial, con prendas que potencian as formas, o patronaxe, resaltando á muller feminina, exquisita e real. Con sinxelos tecidos, a gama de colorido é moi ampla, aínda que predominando os corais e laranxas.

Luis Areñas para Manuela López: Manteñen a importancia do corte, a confección e os tecidos que caracteriza sempre ás súas creacións, traxes moi elaborados, nos que todo é feito á man. A fantasía destaca nos tocados e complementos. Esta foi a primeira vez que presentaron estampados en pasarela.

Inpe&Sons: A deseñadora Inés López Penelas fixo un guiño ó folclore español na colección presentada, con faldas largas de volantes e toureiras de inspiración taurina. A versatilidade e intemporalidade son as características das súas prendas, que destacan pola súa artesanía e se adaptan ó día a día da muller.

Os 15 artesáns que mostraron ó público as súas creacións de xoiería, marroquinería e outros complementos de vestir, conxugando tradición e modernidade, foron os seguintes: Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Adolfo Domínguez; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto).

Aínda que os peiteados e maquillaxes das modelos que luciron os deseños sobre a pasarela estiveron a cargo do IES Muralla de Lugo, en resposta á petición realizada polo sector o pasado ano, houbo un desfile profesional do que se ocuparon 10 centros de perruquería e estética con experiencia en pasarela, todos eles lucenses: Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohana, Mönet, Pilar e René Velasco. Ademais de peiteados e maquillaxes faciais, mostráronse espectaculares maquillaxes corporais.

24 empresas colaboradoras

A Gala da moda lucense está consolidada como unha inmellorable oportunidade económica para todos os participantes. De aí o gran interese das firmas lucenses por tomar parte nesta iniciativa. Este ano hai 24 empresas colaboradoras: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; o personal shopper Guillermo Fajardo; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel; Porta Castelli; Coca&Cola; Estrella Galicia, Vanity Cakes e Estudios Abrigueiro.

Música de grupos da cidade

Por primeira vez, a ambientación musical da Gala correu a cargo de grupos lucenses, en concreto, dos participantes no certame Xoves con Arte, unha iniciativa organizada pola Deputación e o Concello de Lugo para impulsar as novas agrupacións musicais da cidade. Grazas a ela, 33 grupos gravaron outros tantos temas nun disco, editado pola Fundación TIC, e composto por dous CDs. Deste xeito, os temas de pop, rock ou música galega dos grupos Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism estiveron presentes na banda sonora deste evento.