Deputación de Lugo

O programa Km0 difunde esta semana a riqueza natural, cultural e empresarial da Ribeira Sacra e da Mariña

Máis de 160 veciños de Bóveda, Lugo, O Corgo e Outeiro de Rei participan esta semana nos catro roteiros organizados pola DeputaciónPilar García Porto recibiu este martes a 48 integrantes da asociación de veciños “Ribas Pequenas” de Bóveda, que viaxaron ata a Mariña para coñecer o espectacular paisaxe que ofrece a costa lucense

A Ribeira Sacra e A Mariña son esta semana os destinos do programa medioambiental Km0, que difunde a riqueza da provincia, baseada nos seus recursos naturais, culturais e empresariais. Entre hoxe e o vindeiro sábado son máis de 160 veciños da provincia os que participarán nas rutas programadas e que os levarán a estas dúas comarcas lucenses.

48 membros da Asociación de Veciños “Ribas Pequenas” de Bóveda foron os encargados de inaugurar as visitas da semana. Tras seren recibidos no Pazo de San Marcos fixeron unha parada nunha olería de Bonxe, na que coñeceron as técnicas propias deste tradicional oficio, tras a que continuaron a marcha ata o Concello do Vicedo, para coñecer a riqueza que agocha a Illa Coelleira, así como a actividade do porto da localidade.

O mércores será a quenda de 24 membros da asociación lucense de Amigos de Frigsa, que farán a ruta combinada en barco e tren que percorre diferentes recunchos do Concello de Sober, ruta que é unha das novidades desta quinta tempada de Km0. Partirán pola mañá e ó longo da xornada farán paradas estratéxicas, tanto para repoñer forzas nalgunha das típicas adegas da zona ou facer rutas a pé coas que descubrirán as xoias arquitectónicas do románico que hai na zona. O xoves serán 48 veciños da Asociación “Laxe Blanca” do Corgo os que se trasladarán de novo a Sober para facer neste caso unha ruta en catamarán pola zona de Amandi, tras iniciar a xornada cunha visita o monfortino Pazo de Tor.

Xa o sábado, 48 integrantes da Asociación “Amigos” de Outeiro de Rei farán novamente esta ruta, se ben a xornada que teñen programada dará comezo cunha visita a un obradoiros dos tradicional cacharreiros de Gundivós.

Como anotarse

Os interesados en participar en Km0 poden inscribirse chamando ó 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, completar o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).

A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.