Deputación de Lugo

A Deputación mellora as comunicacións nos 67 Concellos cun Plan de Rebacheo na rede viaria provincial

Martínez deu conta desta iniciativa en Castro de Rei onde a institución arrancou hoxe o acondicionamento de estradas con rego asfáltico ó igual que fixo en Cospeito, Taboada e RibadeoO organismo lugués continuará nos vindeiros días con estes traballos noutros 25 municipios logo de rematalos en 38 Concellos, ó tempo que tamén iniciará as actuacións de rozaTendo en conta que a Deputación ten a rede viaria provincial máis extensa de España e que a Xunta paralizou a transferencia de viales, “buscamos novas fórmulas para non recortar servizos, primando a seguridade dos veciños nos máis de 4.200 quilómetros dos que somos responsables”

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, avanzou este mércores as novas actuacións que está a realizar a institución para mellorar as comunicacións nos 67 Concellos lugueses. Trátase dun Plan de Rebacheo que consiste no acondicionamento con rego asfáltico de todos e cada un dos puntos da rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros, que o necesiten. Para elo, a Deputación despregou un operativo composto por 50 operarios e 32 máquinas, que están a supervisar a totalidade das estradas do organismo lugués, actuando nos quilómetros que así o requiren.

Martínez deu conta desta iniciativa no Concello de Castro de Rei, onde a Deputación iniciou hoxe estes traballos na cp 1110, de Santa Leocadia por Ansemor a Ludrio. Simultaneamente, tamén este mércores, a institución fixo o mesmo en Cospeito, na cp 1702 de Feira do Monte por Pino a Fontefría e na cp 1703 de Xustás por Bexán a Oroxe; en Taboada, na cp 6002 de Ramil por Rodeiro; e en Ribadeo, na cp 5203 que discorre dende a estrada de Vilamor a Reme á estación de Portovega.

Nos vindeiros días, o organismo lugués proseguirá con estas actuacións nas restantes vías provinciais que transcorren por ditos municipios, así como polas doutros 25. Son os do Valadouro, Foz, Alfoz, Trabada, Abadín, Meira, Pol, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, Láncara, Baralla, Guitiriz, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Triacastela, O Saviñao, Chantada e Carballedo. A Deputación supervisará os 1.700 quilómetros de viales provinciais existentes nestes Concellos, mellorando con rego asfálticos os puntos que o requiran.

A institución xa rematou con estes traballos en case o 60% da rede viaria provincia logo de supervisar os 2.500 quilómetros da súa titularidade en 38 municipios: Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol, O Vicedo, Vilalba, Muras, Xermade, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, O Corgo, Outeiro de Rei, Guntín, Friol, Begonte, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Pedrafita, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Courel, Samos, O Incio, Ribas do Sil, Quiroga, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober, Pantón e Monforte de Lemos.

Aforro de custes

En mes e medio, se as condicións metereolóxicas o permiten, a Deputación rematará o Plan de Rebacheo, permitindo calcular o seu custe total unha vez constatado o número de puntos quilométricos nos que se tivo que actuar. O Deputado apuntou que hai que ter en conta que a institución mellorou con aglomerado en quente 1.000 quilómetros da rede viaria provincial, logrando que estas zonas estén en perfectas condicións polo menos durante un prazo mínimo de 10 anos. Por este motivo, finalmente o número máximo de quilómetros nos que se podería intervir é de 3.200. Segundo as valoracións dos técnicos, o custe no mercado do rego asfáltico en dita extensión superaría os 4 millóns de euros. Martínez subliñou que “o prezo que nos acadaremos será moi inferior porque estas actuacións son cargo ó Plan de Conservación”. Trátase da iniciativa mediante a cal a institución está a actuar no 100% da rede viaria provincial tras dividila en 8 zonas, nas que traballan outras tantas empresas adxudicatarias deste proxecto. “O feito de ter realizado esta contratación conxunta, permítenos acordar prezos máis vantaxosos, aforrando custes ó tempo que atendemos as necesidades nas nosas estradas”.

E é que tendo en conta que a Deputación é responsable da rede viaria provincial máis extensa de España e que a Xunta mantén paralizado dende 2009 o proceso de transferencias de estradas iniciado con anteriormente a dita data, o organismo lugués, ademais de apostar polos acordos marco nas adxudicacións, tamén optimiza os seus recursos, reducindo custes e mantendo as prestacións. Outro exemplo disto, é o aforro de 100.000 euros mediante a redación de proxectos de obra por parte dos técnicos provinciais e non de entidades externas. “Cun presuposto 100 veces inferior ó do Goberno galego, administración responsable de 52.000 quilómetros de viais en toda a Comunidade fronte ós máis de 4.200 desta Deputación, buscamos novas fórmulas para non recortar os servizos ós veciños, primando sempre a súa seguridade”.

Roza de estradas

Paralelamente ó rebacheo, Martínez avanzou que nos vindeiros días a Deputación tamén porá en marcha a roza na rede viaria provincial que, nesta ocasión, xestionará o organismo lugués co fin de axilizar estes traballos. A Xunta de Goberno do pasado venres adxudicou estas actuacións polo que agora as empresas están a entregar a documentación necesaria para acordar o derradeiro e imprescindible trámite: os plans de seguridade e saúde.

Os plans de rebacheo, conservación, roza, o aglomerado dun milleiro de quilómetros ou a sinalización integral con preto de 4.300 hitos quilométricos, 3.000 sinais horizontais e 27.000 metros de biondas, son mostras do esforzo que está a realizar a Deputación no mantemento da rede viaria provincial máis extensa de España.