Deputación de Lugo

Éxito de visitas á mostra con 260 pezas de artesáns da provincia que o CENTRAD levou ó Festival de Ortigueira

Decenas de persoas xa coñeceron na Casa Consistorial de dita localidade coruñesa os traballos que 47 profesionais lugueses cederon á Deputación para participar por 1ª vez nesta Festa de Interese Turístico Internacional e impulsar este sector na provincia Hoxe e mañá, dende as 10:00 ás 20:00 horas e no Consistorio de Ortigueira, pódense ver pezas de cestería, olería de Bonxe e Gundivós, reproducións castrexas e romanas, pedra, madeira, metal, téxtil, instrumentos musicais, vidro, ourivaría, coiro e complementosCon esta exposición, a Deputación abre unha programación de mostras itinerantes para potenciar e abrir novas oportunidades de comercialización ó sector artesanal lugués

En tan só dous días, a mostra con 260 pezas de artesáns da provincia que o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación levou ó Festival de Ortigueira xa recibiu a visita de decenas de persoas. A institución provincial está a cumprir deste xeito co obxectivo marcado con esta exposición: dar conta da riqueza artesanal da provincia para acadar novos beneficios económicos en Lugo co impulso deste sector. Para elo, o CENTRAD situou na Casa Consistorial de dita localidade coruñesa os traballos que 46 profesionais lugueses cederon ó organismo provincial co fin de participar, por primeira vez, nesta Festa de Interese Turístico Internacional na que, segundo datos da última convocatoria, participan unhas 100.000 persoas.

Hoxe e mañá, no Consistorio de Ortigueira e entre as 10:00 horas ás 20:00 horas, pódese ver un amplo escaparate do labor que realizan os artesáns de Lugo. Hai traballos de cestería (palla, silva, sombreirería ou láminas de madeira), olairía de Bonxe e Gundivós (olas, botixos, canecos, xarras, tixolas), reproducións castrexas e romanas (vasillas, lucernas e mosaicos), pedra (reloxos de sol, peregrinos ou trisqueis), madeira e metal (zocas ou sellas), téxtil (lino ou encaixe); instrumentos musicais, vidro, ourivaría, coiro e complementos. Ademais, hai información sobre o festival A Liorta Folk, xa que o Concello da Pastoriza, ó igual que o CENTRAD, está a aproveitar esta oportunidade única para promocionar o municipio co fin de impulsar a económia local.

Mostras itinerantes

O proxecto expositivo que a Deputación de Lugo leva a Ortigueira supón o arranque dunha nova etapa, que incluirá unha programación de exposicións itinerantes, tanto polos Concellos de Lugo, como por outras localidades ou eventos que sirvan para promocionar e abrir novas oportunidades de comercialización ós artesáns lucenses. A exposición irá acompañada en cada caso de reunións de traballo e actividades paralelas encamiñadas ó fomento de accións de deseño e promoción comercial. A Deputación de Lugo pretende, grazas a esta oportunidade, non só facer visible e posicionar adecuadamente o traballo do CENTRAD, senón tamén promover a cooperación productiva empresarial, o emprego e o deseño como un dos piares básicos para o desenrolo da economía e da sociedade lucense.

Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira é un referente mundial de folk con unha longa traxectoria e indiscutible repercusión mediática e social. No ano 1978 naceu este evento musical de mans da Escola de Gaitas de Ortigueira e, malia a súa boa acollida, interrompeuse durante un lustro. Xa no ano 2000, dentro desta multitudinaria cita anual, ábrese un novo horizonte musical cara a outro tipo de música que non ten porque ser estritamente celta. Paralelamente ó festival terá lugar unha feira de artesanía, un programa de radio, as exposicións A gaita e as orixes do Festival Celta e Antoloxía do Festival, así como a estrea do documental “DefoI XXI”.