Deputación de Lugo

O Concello de Pol estrea unha das salas de muxidura máis eficientes e funcionais da provincia

O Presidente da Deputación visitou a sala de ordeño da SAT Agropegal en Pol, o Concello situado á cabeza da provincia en tamaño medio de explotaciónsBesteiro destacou a importancia de revitalizar o rural con iniciativas de modernización e especialización, como o 1º Centro público de recría que porá en marcha o organismo provincial

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Alcalde de Pol, Lino Rodríguez, visitou as instalacións da SAT Agropegal, situadas na parroquia de Caraño, onde esta Sociedade Agraria de Transformación vén de poñer en marcha a que é unha das salas de muxidura máis eficientes e funcionais da provincia. Esta sociedade atópase no Concello de Pol, o cal conta con 300 explotacións gandeiras das que o 90% están enfocadas á produción de leite e cunha media de 30 animais por explotación. Este dato sitúano á cabeza da provincia, seguido por Pastoriza e Portomarín, con medias de 27 e 26 exemplares por explotación, respectivamente.

A nova sala caracterízase por dúas condicións:

-Conta con 40 puntos de muxidura chamados “en paralelo”, é dicir, con capacidade para muxir ó mesmo tempo 40 vacas, colocadas en dúas liñas paralelas de 20 cabezas. Estes 40 puntos son do tipo denominado “traseiro”, que consiste na muxidura directamente desde atrás. Este equipamento consegue a maior eficiencia posile na muxidura de vacas de alta produción -aquelas que proporcionan 30 ou 40 litros de leite á hora- e reduce o tempo, ó pasar dunha hora ou hora e media ós 35-40 minutos.

-A gran novidade é que ten un sistema denominado de “retirada automática”, que deixa de muxir e libera ó animal en canto detecta que o fluxo de leite é menor.

Besteiro destacou que “nestes tempos é máis necesario que nunca pensar en futuro, xa que a modernización do rural trae consigo un cheo de posibilidades de crecemento económico”. O máximo responsable provincial subliñou que a Deputación ten en marcha iniciativas que axudan a revitalizar o rural, como é o 1º centro público de recría, “que dará un forte impulso a un proceso que xa se iniciou hai anos na nosa provincia: o aumento da capacidade produtiva das explotacións grazas ó incremento do tamaño das cabanas, ó aumento da calidade dos animais e o estrito control da sanidade, a reprodución e a alimentación”. Con este impulso, a institución provincial favorece claramente a un sector estratéxico da economía da provincia, ó ser este un valor seguro para a xeración de riqueza e emprego, así como de fixación de poboación no rural, tal e como destacou Gómez Besteiro.

Centro de recría, proxecto pioneiro

Este Centro de Recría, proxecto nacido no 2007 grazas ó convenio entre a Deputación de Lugo e ACRUGA e co obxectivo de recuperar xenéticamente a raza Rubia Galega, é unha das iniciativas máis ambiciosas levados a cabo en Galicia nos últimos anos. Cunha capacidade para acoller cabezas de gando que triplica a capacidade dos 14 que existen na actualidade na Comunidade, permitirá ós gandeiros que as súas explotacións sexan máis rendibles economicamente, reducindo os custes que supoñen facer a recría e mellorar a calidade xenética, morfolóxica, produtora e reprodutora da cabana gandeira.

Outras metas deste centro pasan por seleccionar exemplares de excelentes cualidades para poder asistir a exposicións, feiras e poxas e cubrir a gran demanda que existe hoxe, polo que este centro de recría da Granxa é unha peza clave na labor de promoción e expansión da Rubia Galega. O pasado mes de marzo celebrouse a primeira poxa de gando nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, na que se venderon as 10 novillas preñadas que foron subastadas, acadando un prezo medio de 2.255 euros, un récord tendo en conta que os prezos medios acadados ata o momento rondaban os 1.900 euros.

A colaboración entre ambas entidades continuará no 2012, xa que a Deputación fará neste ano unha nova nova achega de preto de 170.000 euros para o funcionamento e actividades de ACRUGA.