Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase este venres ós actos organizados polo Día Internacional contra o Cancro de Mama

Imaxe deputación de lugo
O Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Lugo, Mª Concepción de Martín, darán lectura a un manifesto mentres a fachada do Pazo de San Marcos estará iluminada en cor rosa

Con motivo do Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama, que se celebrará este venres, a institución provincial decidiu sumarse ós actos conmemorativos que se desenvolverán durante toda a xornada, iluminando a súa fachada de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade. Ademais, o Pazo de San Marcos permanecerá engalanado durante todo o día cun gran lazo da mesma cor.

Os actos previstos, que darán comezo ás 18:30 horas na praza de San Marcos, completaranse coa lectura dun manifesto por parte do mandatario provincial e da Presidenta da AECC, co que queren lembrar a importancia da sensibilización fronte esta enfermidade, así como concienciar á cidadanía acerca da trascendencia dos métodos de prevención e detección precoz. Estes son fundamentais para unha pronta diagnose, clave para a curación.

Así mesmo, na praza de San Marcos estará instalada todo o día unha mesa na que membros da AECC informarán sobre o labor que esta asociación leva a cabo dende hai máis de 50 anos, así como doutras cuestións de interese relativas a esta enfermidade.