Deputación de Lugo

Km0 difunde esta semana a riqueza dos Concellos da Mariña e da Montaña lucense

Máis de 100 veciños de Pastoriza e Lugo participan hoxe e mañá nos roteiros organizados pola Deputación que os levarán ata os Concellos de Viveiro e Pedrafita do CebreiroOs gañadores das 12 prazas dobres gratuítas sorteadas pola Deputación a través da súa páxina de Facebook gozarán o sábado de variadas actividades na Mariña

Os Concello de Viveiro e Pedrafita do Cebreiro son esta semana os destinos do programa medioambiental Km0, co que a Deputación difunde a riqueza e recursos naturais, culturais e empresariais da provincia entre os propios lucenses. Máis de 100 persoas participarán nas dúas rutas programadas para esta semana, por ser o xoves día de Todos os Santos. De calquera xeito, serán máis de 100 persoas as que participarán nos roteiros, que se desenvolverán hoxe e mañá.

55 membros da Residencia Xeriátrica da Pastoriza foron hoxe os encargados de inaugurar as visitas semanais. Tras ser recibidos por Juan José Díaz Valiño, Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, e achegarse a coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os viaxeiros partiron cara a Mariña. O destino elixido foi o Concello de Viveiro, onde visitaron a Igrexa de Sata María do Campo, tras o cal deron un paseo polas rúas do casco histórico da localidade mariñana e rematar a xornada dando un agradable paseo pola contorna da praia de Covas.

O mércores será a quenda de 55 integrantes dun colectivo que gozan da animación sociocultural do Concello de Lugo. Neste caso fará a ruta chamada de Pallozas do Cebreiro. Entre outras actividades, farán a pé un tramo do Camiño de Santigo ó seu paso por Pedrafita, que incluirá unha visita á Igrexa de Santa María e as tradicionais construcións típicas da Montaña lucenses. Tras estas visitas continuarán a ruta que os levará a subir ó cumio do Monte da Cruz..

Gañadores do concurso de Facebook

En canto á programación da fin de semana, o sábado será a quenda dos gañadores do concurso organizado a través da rede social Facebook. A Deputación puxo en marcha un concurso a través da súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/diputacionlugo) entre o 12 e o 31 de xullo, que consistiu no sorteo de 12 prazas dobres totalmente gratuítas para unha ruta Km0. En total foron máis de 150 persoas as que participaron, contribuíndo a dar a coñecer a iniciativa entre todos os seus contactos e tamén a medrar a propia páxina da Deputación, que superou o milleiro de "Me gusta" (fans).

A ruta organizada para os premiados desenvolveranse no Concello de Ribadeo, concretamente en Rinlo. Comezarán pola mañá lanzándose na tirolina e, tras repoñar forzas, gozarán de actividades variadas, tales coma bolas acuáticas, paddle surf, scooters acuáticos ou long skate.

Rutas para todos os públicos

Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).

A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.