Deputación de Lugo

O dispositivo de emerxencias da Deputación despexa estradas provincias de 20 Concellos pola neve

102 traballadores e 54 vehículos, que atenden medio cento de incidencias dende ás 6:00, prolongarán os labores de limpeza durante todo o día debido ás constantes nevesO organismo lugués recomenda o uso de cadeas en vías provinciais de Baleira, Castroverde, Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, A Pastoriz, Pedrafita, Pobra do Brollón, Quiroga e Samos

O dispositivo de emerxencias da Deputación, composto por 102 traballadores e 54 vehículos, centran a súa actividade en 20 Concellos da provincia, onde se rexistran medio cento de incidencias pola neve. Son os municipios de Baleira, Becerreá, Castroverde, Courel, Cevantes, A Fonsagrada, O Incio, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Negueira de Muñiz, Samos e Triacastela.

O operativo da institución, que atendeu alertas das entidades locais durante toda a noite, puxo en marcha os quitaneves ás 6:00 da madrugada, cando as condicións metereolóxicas permitiron o seu tránsito polas estradas provinciais, e non cesarán a súa actividade durante toda a xornadas debido á continúa caída de neve, que obriga a intensificar os labores de mantemento, principalmente, na Montaña luguesa.

O organismo lugúes traballa agora nas seguintes vías polas que, neste intre, é necesario transitar con cadeas: Baleira, CPs 0407, 0408 e 0409; Castroverde, CP 0502; O Courel, CPs 1301, 1306, 4501, 5004 e 5601; Cervantes, CPs 1401, 1411, 0702, 1405 e 4504; A Fonsagrada, CPs 0408, 1901, 1903, 1904, 4606, 1906 e 3601; Navia de Suarna, CP 3502; Negueira de Muñiz, CP 3601, 4606 e 1906; As Nogais, CP 3702; A Pastoriza, CP 0103; Pedrafita, na súa totalidade; Pobra do Brollón, CPs 4701, 4707 e 4706; Quiroga, CP 5004; e Samos, CP 5603.